Consolidación do I Plan Estratéxico da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento 2020-2030 para a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable
O convenio establece as bases para a execución do proxecto de Consolidación do I Plan Estratéxico da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento 2020-2030 e a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, reforzando as liñas de actuación relacionadas co reforzo da institucionalización. do CUD e a localización da Axenda 2030 e dos ODS integrados na RGCUD, o fomento da visibilidade do CUD na axenda institucional e dos equipos de goberno e dirección das universidades integradas na RGCUD, a consolidación da Formación. Plan e fomento de actividades de voluntariado e participación social da comunidade universitaria no ámbito da CUD, a Axenda 2030 e os ODS.
Xeral: Contribuír á consolidación do I Plan Estratéxico da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento 2020-2030 para a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
Específico: Consolidación da transversalización da Axenda 2030 e os seus ODS, a través dunha participación activa na gobernanza das universidades consonte á coherencia das políticas vertebradoras do seu compromiso social, e ao impulso das alianzas e o traballo en rede con axentes e actores de cooperación e o traballo en rede cos axentes e actores de cooperación no eido da CUD
R.1. As universidades públicas galegas incorporan de maneira transversal os principios, valores e obxectivos do desenvolvemento humano sustentable á gobernanza, planificación e xestión universitaria
A.1.1 Encontros con servizos e centros universitarios para facilitar a divulgación e medición da súas contribucións aos ODS vinculados á cooperación e educación para o desenvolvemento.
A.1.2. Realización durante a segunda anualidade do convenio da Semana Galega da CUD nas tres universidades (con participación dos equipos de goberno e xestión)
R.2. As universidades públicas galegas inclúen na formación da comunidade universitaria as competencias e contidos relacionadas co desenvolvemento sustentable, equitativo e inclusivo necesarios para a construción dunha cidadanía global activa, crítica e comprometida coa transformación social positiva
A.2.1. Formación de PDI e PAS das universidades na formulación de proxectos CUD con metodoloxía Enfoque Marco Lóxico no marco da Axenda 2030 e os ODS .
A.2.2. Realización dunha xornada de captación de recursos financeiros en materia de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento
A.2.3. Realización dunha nova edición do curso de especialización de posgrao en cooperación e educación ao desenvolvemento na UDC
A.2.4. Realización de obradoiros de cooperación e educación para desenvolvemento centrados na CUD e nos ODS da Axenda 2030
A.2.5. Ofertar formacións e incentivos para fomentar a Investigación e a realización do TFG/TFM en materia de CUD, Axenda 2030 e ODS
A.2.6. Convocatoria de bolsas RGCUD de coñecemento da realidade na UVigo
A.2.7. Actividades de fomento da CUD e da Axenda 2030 no eido da docencia (Educación para o Desenvolvemento, impulso da ApS, cursos docencia Axenda 2030)
A.2.8. Fomentar grupos de voluntariado en educación para o desenvolvemento, e sensibilización así como en comunicación e sensibilización no marco da Axenda 2030 e os ODS
A.2.9. Realización de xornadas de difusión sobre o voluntariado en cada unha das universidades no eido da CUD, Axenda 2030 e ODS
R.3. As universidades públicas galegas promoven a xeración e transferencia de coñecemento ao servizo do desenvolvemento sustentable e da visión, retos e desafíos da Axenda 2030 en todas as súas esferas (persoas, prosperidade, planeta, paz e alianzas).
A.3.1. Organización de concurso de vídeos sobre a Axenda 2030 e os ODS
A.3.2. Organización de campañas de sensibilización sobre a CUD e a Axenda 2030 e os seus ODS destinados a toda a comunidade universitaria
A.3.3. Realización dun foro de encontro de PAS e PDI que traballa no eido da CUD con entidades sociais no marco da Semana Galega da CUD.
R.4. A RGCUD fortalece a súa capacidade institucional
A.4.1. Reunións da comisión de seguimento.
A.4.2. Realización da Semana Galega da CUD para o fomento das alianzas e actividades de colaboración entre universidade, terceiro sector e sector privado.
A.4.3. Realización de reunións e promoción de actividades conxuntas con ONG, outras Universidades e actores, encamiñadas a construír alianzas de traballo estables
R.5. A comunidade universitaria e a cidadanía galega acceden a información de calidade sobre os logros colectivos no eido da CUD e da consecución dos ODS por parte das Universidades públicas galegas.
A.5.1. Actualización periódica da web da RGCUD
A.5.2. Actualización dos rexistros de CUD das universidades do SUG así como da RGCUD
A.5.3. Realización de memorias no eido da CUD a Axenda 2030 e ODS
A.5.4. Publicación nas páxinas web e redes sociais das Universidades das actividades realizadas pola RGCUD
A.5.5. Realización de actos públicos para difundir ás actividades programadas durante o bienio de execución do convenio
Axuda Xunta de Galicia:
100.000 € (40.000 € en 2022 e 60.000 € en 2023)