Proxectos

CONSOLIDACIÓN DO INSTITUTO PARA O DESENVOLVEMENTO E A INNOVACIÓN EDUCATIVA EN ARGENTINA (PROXECTO IDIE-OEI)

Favorecer o proceso de mellora da calidade do sistema educativo arxentino para apoiar o desenvolvemento dunha sociedade democrática, equitativa e plural.

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
América do Sur
País: 
ARXENTINA
Axentes: 
ORGANIZACIÓN DE ESTADOS IBEROAMERICANOS (OEI)
Contraparte: 

Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura (OEI)- Oficina Rexional en Bos Aires

Obxectivos: 

Proseguir e consolidar as accións iniciadas polo Instituto de Desenvolvemento e Innovación Educativa (IDIE) nas áreas de alfabetización e educación básica de adultos, educación en valores e para a cidadanía, formación docente e apoio á educación infantil e aos dereitos da infancia, cunha oferta de servizos pertinente e de impacto dirixida ao sector educativo arxentino.

Resultados e actividades: 

- Desenvolver e administrar foros temáticos e consultas a través da páxina web do IDIE e/ou doutras institucións vinculadas.
- Realizar a convocatoria, selección e difusión de experiencias nas áreas temáticas priorizadas a través da páxina web do IDIE.
- Programar e desenvolver encontros presenciais de consulta e intercambio para a elaboración de proxectos conxuntos entre diferentes institucións e actores.
- Elaborar e difundir o boletín electrónico trimestral do IDIE Arxentina.
- Conformar unha rede virtual cos representantes institucionais e outros actores do sistema educativo.
- Colaborar cos equipos técnicos dos distintos organismos no deseño de accións de intervención nas catro áreas temáticas.
- Participar na elaboración de instrumentos de sistematización, seguimento e avaliación de proxectos de intervención.
- Implementar as cartas de servizos.
- Pór en funcionamento os módulos formativos básicos elaborados para cada área.
- Aplicar os contidos dos novos módulos formativos básicos.
- Programar e desenvolver encontros con especialistas.
- Participar na elaboración, edición e distribución de materiais didácticos e de apoio docente.
- Desenvolver unha indagación sistemática sobre a alfabetización, a formación docente, a educación inicial e en valores no ámbito nacional.
- Promover instancias de intercambio, construción de consensos e acordos entre as áreas implicadas do IDIE cos diferentes niveis de xestión nacional e xurisdicional.

Poboación beneficiaria: 

Poboación beneficiaria directa:
Os equipos técnicos e directivos do Ministerio de Educación de Arxentina e os gobernos provinciais e locais en materia educativa. Membros do corpo docente. Estímase, en termos xerais, que 2.000 persoas foron beneficiarias directas das accións executadas (encontros, congresos, conferencias, foros, seminarios e asistencia a equipos técnicos do ministerio de educación).
Poboación beneficiaria indirecta:
Unhas 5.000 persoas. Destácase tamén dentro do grupo de beneficiarios a outras institucións especializadas en educación que participen nas actividades deseñadas polo IDIE-OEI, investigadores, alumnos e asociedade en xeral.

Axudas: 

100000