CONSOLIDACIÓN E FORTALECEMENTO DA MISIÓN DE UNICEF EN GALICIA
Situar como unha prioridade tanto na cooperación galega como na axenda política e social galega, a promoción e aplicación dos Dereitos da Infancia
Dar un impulso ao maior recoñecemento da misión de Unicef en canto á promoción e aplicación de Dereitos dos nenos. Aínda que a imaxen de Unicef é amplamente recoñecida, o certo é que son poucas as persoas que coñecen o contido concreto do traballo de Unicef dentro e fora de Galicia. Esta misión non é outra que promover o maior grao de aplicación da convención de Dereitos do Neno dentro e fora das nosas fronteiras
- Elaborar e emitir un spot durante os meses de outubro e novembro de 2007 sobre os dereitos da infancia, para emitir nas televisións locais e comarcais próximas ás delegacións de UNICEF
- Levar a cabo encontros formativos/informativos con xornalistas galegos nas catro capitais de provincia e en Compostela
- Realizar unha comunicación coas 2000 novas socias e socios de UNICEF en Galicia
5607