CONSTRUCIÓN DE MÓDULO EDUCATIVO INTEGRAL: AULA PARA NIÑ@S DE 4 ANOS, SERVIZOS HIXIÉNICOS INCORPORADOS, PATIO PRINCIPAL E MURO DE CONTENCIÓN NA I.E.I. Nº 6080 “ROSA DE AMERICA", VILLA EL SALVADOR
O proxecto busca o fortalecemento de competencias e habilidades sociais de nenos e nenas en situación de pobreza residente no 1º sector do distrito de Villa El Salvador, abríndolles oportunidades de acceder con éxito ao nivel inicial educativo.
Período de execución: agosto – decembro 2009
Tierra de niñ@s
Contribuír á diminución da deserción e fracaso escolar nos primeiros graos da primaria, mellorando a calidade da atención integral dos nenos menores de 5 anos
Implementación pertinente con mobiliario e material educativo para unha aula de nenos de 4 anos.
Construción de 1 aula, 1 servizo hixiénico para nenos de 4 anos, 1 patio principal, 1muro de contención
Directa: 60 nenos e nenas de 4 e 5 anos que farán uso das aulas para o seu proceso educativo e os docentes e animadoras que usarán os materiais e instalacións para implementar procesos educativos.
Indirecta: Os que fagan uso das aulas, os pais de familia que se beneficiarán ao ver a mellora da calidade educativa dos seus fillos e finalmente os directores que ao ver experiencias de mellora educativa buscarán mellorar as súas xestións para acadar obter un proxecto da mesma envergadura.
• 100 nenos e nenas de educación inicial
• 200 pais de familia
• 10 directores de institucións educativas
• 25 docentes e animadoras de educación inicial da Rede de REDUCA
45811