Proxectos

Construción de recursos e capacidades para a integración dos ODS na Rede de Eco Hortas Escolares

O proxecto ten como meta promover unha comunidade educativa galega concienciada e participativa na construción de modelos alimentarios máis sustentables. Para elo traballarase a partir dunha liña de acción focalizada na educación formal, dentro da Rede de Eco Hortas Escolares, e  cunha rede de traballo colaborativo en torno ás hortas escolares, impulsada por Amigos da Terra.

Sendo preciso buscar o fortalecemento e a sostibilidade da rede, afóndase en estratexias que xeren a integración curricular dos proxectos de horta, sendo a Axenda 2030 unha oportunidade única de transversalización.

O obxectivo específico do proxecto é “facilitar ferramentas e capacidades para a integración dos ODS nos proxectos de horta dos centros participantes na Rede de Eco Hortas Escolares”

Ano: 
2020
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
AMIGOS DA TERRA GALICIA-XUVENTUDE
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír á mellora do coñecemento sobre alternativas de acción para o cumprimento da Axenda 2030 e os ODS relacionados coa produción e consumo sostibles nos centros participantes na Rede de Eco Hortas Escolares.

Específico: Facilitadas ferramentas e capacidades para a integración dos ODS nos proxectos de horta dos centros participantes na Rede de Eco Hortas Escolares.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Identificadas oportunidades para a integración do enfoque de Cidadanía Global nos proxectos de horta dos centros da Rede.

           A 1.1.1 Introdución dunha oferta de TFM no Máster de Desenvolvemento Sostible (UVigo) sobre integración curricular da horta a través dos ODS.

R1.2 Incrementadas as capacidades e medios a disposición dos centros da Rede, incluída a contorna online, para a sostibilidade do proxecto de horta escolar.

           A 1.2.1 Elaboración dun programa de prácticas para alumnado da Uvigo na Rede de Eco Hortas.

           A 1.2.2 Formación online sobre ODS e horta escolar para familias e ANPAS.

           A 1.2.3 Encontro online “Educación para la ciudadanía global y la sostenibilidad: Experiencias desde los huertos escolares”.

R1.3 Achegados recursos educativos (adaptados á contorna online) ao persoal docente dos centros da Rede.

           A 1.3.1 Elaboración dunha maleta pedagóxica adaptada á contorna online e/ou a distancia.

           A 1.3.2 Coordinación (seguimento e avaliación cos colectivos participantes, co persoal técnico e cos servizos técnicos externos; coordinación e dinamización das actividades; comunicación; xestión técnica e económica do proxecto; avaliación final interna).

Poboación beneficiaria: 

Directa: 532 persoas (327 mulleres e 205 homes), entre docente, persoal técnico de programas educativos, alumnado de educación infantil e primaria, ANPAS, alumnado universitario e mulleres labregas de Honduras.

Indirecta: 8.300 persoas (4.980 mulleres e 3.320 homes), entre as cales está o alumnado dos centros que participan na Rede de Eco Hortas Escolares e público adulto que asistirá a actividades audiovisuais.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 18.956,25 €  (2020: 7.582,50 €;  2021: 11.373,75 €)