Construción de vivendas resilientes fronte ao cambio climático en Mozambique
O proxecto trata de reforzar as capacidades das comunidades que foron afectadas polos ciclóns no municipio de Boane, para apoiar na reconstrución das infraestruturas destruídas. Alén destas accións, e con vista a evitar que máis poboación pase a ocupar as zonas propensas ás inundacións, así como para garantir a construción de casas resilientes, a Asociación Nacional de Municipios de Mozambique en coordinación co Instituto Nacional de Xestión de Calamidades e Desastres de Mozambique, irán realizando capacitacións e campañas de sensibilización dirixidas ao persoal técnico municipal e ás comunidades locais de maior vulnerabilidade.
Asociação Nacional dos Municípios de Moçambique (ANAMM)
Xeral: Reforzada a capacidade dos municipios mozambicanos para afrontar as crises provocadas polo cambio climático.
Específico: Reforzada a capacidade do Municipio de Boane para afrontar as crises provocadas polo cambio climático.
RE 1.1. Reforzada a capacidade do municipio de Boane e a súa poboación para a construción de infraestruturas resilientes fronte aos desastres provocados polo cambio climático.
A.1.1.1. Construír catro vivendas resilientes para catro familias damnificadas polo paso dos ciclóns Chalane, Eloise e Guambe no municipio de Boane.
A.1.1.2. Formar ao persoal técnico do municipio de Boane en construción de infraestruturas resilientes.
A.1.1.3. Sensibilizar á poboación local sobre os perigos de construír as súas vivendas en lugares pouco seguros.
Directa: Poboación en situación de vulnerabilidade por cuestións de empobrecemento e dificultade no acceso aos recursos que se viu afectada polo paso de ciclón Eloise, perdendo a súa vivenda, construída en base a materiais precarios como chapas e canas. En total o proxecto beneficiará de maneira directa a 162 persoas das cales 72 son mulleres, 68 homes, 9 nenos e 13 nenas.
Indirecta: As máis de 200.000 persoas que constitúen a poboación do municipio de Boane, concretamente, aquelas persoas que se vén especialmente afectadas co paso de fenómenos meteorolóxicos adversos, debido á súa condición de empobrecemento e carencia de servizos sociais básicos. Das 200.000 persoas, 50.000 son mulleres, 46.000 son homes, 51.000 nenos e 53.000 nenas.
Axuda Xunta de Galicia: 20.986,56 €