CONSTRUCIÓN DO CENTRO INFANTIL ´´HEWAR´´
Construción dun novo centro infantil no campo de refuxiados de Asker que sexa adecuado para lles proporcionar unha educación aos nenos e nenas, é ao mesmo tempo, un contorno propicio para que poidan aprender e xogar. Será o único centro que levará a cabo actividades durante todo o ano, co cal se evita que estes nenos e nenas teñan que xogar nas rúas
Centro infantil Hewar
Apoio para a construción do Centro Infantil Hewar, no campamento de refuxiados de Asker, na localidade de Nablus en Cisxordania-Palestina. O Centro Infantil de Hewar pretende ser un espazo onde nenos e nenas desenvolvan as súas capacidades en curtas idades, que lles propocionen un ambiente san e unha atmosfera psicolóxica que os beneficie, unhas instalacións e un patio para levar a cabo actividades extracurriculares e reducir a carga financeira das familias na súa educación. O mesmo tempo servirá de lugar de encontro e diálogo comunitario.
25000