Construción Segura e Capacitación Comunitaria en Metuge tras os impactos do Ciclón Chido.
O proxecto “Refuxios ante os impactos do Ciclón Chido: Construción Segura e Capacitación Comunitaria no distrito de Metuge, Mozambique” céntrase no distrito de Metuge e ten como obxectivo xeral aumentar as oportunidades e reducir a pobreza nas persoas do distrito de Metuge, afectadas polo Ciclón Chido e os conflitos na provincia de Cabo Delgado. Este distrito foi gravemente afectado polo paso do Ciclón Chido e polos conflitos armados no norte da provincia que provocaron o desprazamento de miles de persoas a comunidades de acollida como Metuge. A emerxencia provocada por estes eventos incrementou a vulnerabilidade das familias, moitas das cales carecen de acceso a refuxios seguros e a bens esenciais.
Fundación Axuda en Acción Mozambique
Xeral: Aumentar as oportunidades e reducir a pobreza nas persoas do distrito de Metuge afectadas polo Ciclón Chido e os conflitos na provincia de Cabo Delgado.
Específico: Asegurada a asistencia humanitaria en materia de refuxio, sendo esta digna, suficiente e segura para as persoas do distrito de Metuge afectadas polos efectos do ciclón Chido e desprazadas polos conflitos na provincia de Cabo Delgado.
RE 1.1. Mellorados os niveis de protección de familias vulnerables mediante refuxios seguros e enfoque de xénero
A.1.1.1 Identificación de persoas beneficiarias segundo criterio de vulnerabilidade.
A.1.1.2 Construción de 60 refuxios adaptados e seguros nos centros de reasentamiento do distrito de Metuge.
A.1.1.3 Formación ás poboacións dos centros en técnicas de construción resiliente.
A.1.1.4 Capacitación e sensibilización ás comunidades afectadas para a prevención da Violencia de Xénero.
A.1.1.5 Realización e análise de enquisas de satisfacción.
RE 1.2. Asegurado o acceso a materiais esenciais para a construción de refuxios e bens non alimentarios para as familias desprazadas polo conflito armado e afectadas polo Ciclón Chido
A.1.2.1 Identificación de persoas beneficiarias segundo criterio de vulnerabilidade.
A.1.2.2 Distribución de 300 kits de reparación e/o construción de refuxios de emerxencia (1 lona 4x6 m, 0,5 kg de corda reciclada de pneumático, 1 kg de cravos e un kit de ferramentas).
A.1.2.3 Distribución de 300 kits de bens non alimentarios (mantas, esteiras, lanterna solar, mosquiteras e kit de cociña).
A.1.2.4 Realización e análise de enquisas de satisfacción.
Directa: 1800 (720 homes/nenos e 1080 mulleres/nenas)
Indirecta: 8500 (3400 homes/nenos e 5100 mulleres/nenas)
75.000,00 € (2025)