Construíndo novas identidades de xénero dende o enfoque de medios de vida sustentables para mozas e mulleres sobreviventes de diferentes tipos de violencia e en condicións de post guerra e pobreza, en 6 municipios de Nova Segovia. Nicaragua.
O Instituto de Liderado das Segovias (ILLS) é unha organización non gobernamental sen fins de lucro, que dende o enfoque de dereitos, propicia o desenvolvemento de liderados alternativos para a superación da pobreza e a transformación das relacións de poder, dende o empoderamento da sociedade, en particular: mulleres, mocidade e indíxenas.
Instituto de Liderado das Segovias (ILLS)
Obxectivo Xeral: Contribuíuse á construción dunha cultura de respecto dos dereitos de mulleres e homes, a recuperación do poder persoal de sobreviventes de violencia, dende o fortalecemento dos seus medios de vida e a práctica de novas masculinidades e identidades de xénero, nas zonas rurais e indíxenas de Nueva Segovia.
Obxectivo Específico: A mocidade e as mulleres asumen comportamentos e relacións de xénero máis igualitarias para unha vida sen violencia e de redución da pobreza, a través do fortalecemento dos seus medios de vida sustentables e a autonomía económica das mulleres, en 6 municipios de Nueva Segovia, Nicaragua.
Resultados e actividades:
R.1.1. 90 mozos e mulleres lidere/as (indíxenas, rurais e mestizos) fortalecen as súas habilidades, capacidades, coñecementos e actitudes, formulan plans de transformación comunitaria para o logro dos seus medios de vida, redución da violencia, empobrecemento e desigualdades.
A.1.1.1: Proceso de formación dirixida a mozas e mulleres sobre prevención da violencia, novas masculinidades e autoxestión do poder individual e colectivo
A.1.1.2: Organizar e facilitar sesións de acompañamento á realización de diagnósticos comunitarios e formulación de propostas de plans de acción.
A.1.1.3: Realizar accións creativas de educación e sensibilización sobre igualdade de xénero, novas masculinidades.
R.1.2. 70 mulleres sobreviventes de violencia fortalecen a súa autoestima, poder persoal e capacidades de emprendedurismo para a súa autonomía económica mediante a atención psicosocial, legal, educación financeira e fomento das súas iniciativas económicas desde a perspectiva de xénero.
A.1.2.1: Curso alfabetización económica-financeira e de negocios para o fomento da autonomía económica das mulleres.
A.1.2.2: Fondo de fomento a iniciativas económicas e asistencia técnica para as mulleres sobrevivientes de violencia.
A.1.2.3: Realizar intervencións psicosociais e legais primaria e directa cara a persoas afectadas por violencia de xénero.
R.1.3. 5 organizacións locais e 15 persoas entre xornalistas e comunicadores/as rurais articúlanse e fortalecen os seus niveis de intercambio e accionar conxunto, para xestionar plans de acción desde as dinámicas económica, cultural, política e ambiental, que diminúan os índices de violencia e pobreza en 6 municipios de Nova Segovia.
A.1.3.1: Apoiar a implementación de plans de acción comunitarios de redes de mozas e movemento de mulleres.
A.1.3.2: Concertar, financiar e acompañar a implementación dunha Campaña mediática de sensibilización e educación nos 6 municipios.
Directa: 225 persoas (167 mulleres e 58 homes), destas persoas:
- 33 homes e 87 mulleres en idades entre 18 e 30 anos, membros das redes de mozas;
- 70 mulleres do Movemento de mulleres das Segovias en idades de 20 anos a máis;
- 10 mulleres lideresas e 10 homes líderes de cinco organizacións locais;
- 15 homes en idades de 31anos ou máis, comunicadores rurais e xornalista
Indirecta: Un total de 7200 persoas, dos cales 3456 son homes e 3744 son mulleres.
163.442,00 € (2016: 65.376,80 €; 2017: 98.065,20 €).