Proxectos

Construíndo saúde. Cuarta parte.

Segundo as Nacións Unidas, aproximadamente 1.000 millóns de habitantes indios practican a defecación ao aire libre, o que leva implícita a xeración permanente de todo tipo de enfermidades, alta mortalidade infantil, inseguridade para as mulleres, absentismo escolar e contaminación fecal da auga, impedindo que millóns de persoas poidan acceder a unha vida en condicións e ter opcións para acabar coa pobreza.

Este proxecto forma parte dun programa amplo a nivel global en India e na zona deste proxecto en particular, que se iniciou dando charlas sobre hixiene. Unha vez coñecida a realidade da saúde dos nenos desde o punto de vista nutricional, comezáronse, en 2019 as charlas de aseo feminino. Construíronse entre 2019 e 2022, 2 proxectos de aseos para nenos e nenas. En xuño de 2022 iniciouse o traballo coas nenas beneficiarias e en setembro de 2022,  ensinóuselles todo o relacionado co uso de aseos e hixiene feminina, reprodución etc. O obxectivo do presente proxecto é proporcionar medios sanitarios e formación aos escolares (fundamentalmente ás nenas, que son as máis prexudicadas)

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Microproxectos
Rexión: 
Asia
País: 
INDIA
Zona de actuación: 
Andhra Pradesh (estado)
Axentes: 
ESCUELA SHANTIDI
Contraparte: 

Telangana Fransalian Society

Obxectivos: 

Xeral: Acabar coa defecación ao aire libre nunha escola de Ananthapurana.

Específico: Proporcionar medios sanitarios e formación aos escolares (fundamentalmente ás nenas, que son as máis prexudicadas)

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Reducidas as infeccións e outras enfermidades derivadas dunha mala hixiene e da contaminación das augas 

A.1.1.1.  Construcción de aseos

A.1.1.2. Formar, previamente á construción de aseos, sobre a súa utilidade e durante a súa contrucción, sobre o seu uso.   

RE 1.2. Cesados os abusos sexuais e violacións por defecar ao aire libre e de absentismo escolar das nenas 

            A.1.2.1: Formar sobre hixiene íntima-saúde das nenas.  nas mesmas aulas

Poboación beneficiaria: 

Directa: 162 (6 homes; 12 mulleres; 50 nenos; 94 nenas)

Indirecta: 452 (104 homes; 120 mulleres; 108 nenos; 120 nenas)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 3.572,20 €