CONSTRUÍNDO UNHA CIDADANÍA GLOBAL EN GALICIA
Este proxecto busca contribuír a un maior coñecemento e implicación entre o voluntariado, base social e a sociedade galega en xeral, sobre a realidade dos países do Sur, en particular sobre agricultura e alimentos, ofrecendo propostas de participación e mobilización concretas e favorecendo unha implicación na escaleira de compromiso social. Ademais, a campaña trata de integrar os contidos da educación para unha cidadanía global na práctica educativa de docentes e o seu alumnado en Galicia.
A través de distintas actividades búscase chegar á poboación galega en xeral, á base social de Intermon Oxfam en Galicia, ao equipo de voluntariado e colaboradores e colaboradoras de campañas, e tamén a docentes, alumnado e centros educativos de Galicia, realizando accións no ámbito da educación informal a través de formacións e o encontro Envivo de voluntariado, accións de rúa, festivais de música, festival Actúa, e outras actividades de mobilización social que se promoven durante a xornada solidaria Un día para a esperanza.
Período de execución: xullo 2010 – xuño 2011
Contribuír á construción dunha cidadanía global, fomentando cambios en actitudes, crenzas e comportamentos da sociedade galega a través da sensibilización e a mobilización social
- Accións de formación sobre campañas.
- Encontro formativo de voluntariado Envivo.
- Festival de curtametraxes actúa.
- Accións de mobilización na rúa.
- Accións de sensibilización en “Música en Vivo".
- Accións de sensibilización e mobilización durante a xornada solidaria “Un día para a esperanza".
- Poboación en xeral.
- Base social de Intermón Oxfam.
- Colaboradores e colaboradoras activos de campaña.
- Equipo de voluntariado de Galicia.
25.000€ (2010: 10.000€ - 2011: 15.000€)