Proxectos

Construír resiliencia entre a poboación refuxiada congolesa de Kyaka II (Uganda) baixo un enfoque integral da saúde que considera as cuestións de xénero e promove a protección

Este proxecto busca fortalecer o acceso ao dereito á saúde baixo un enfoque de prevención e protección considerando as necesidades específicas de xénero e idade da poboación congolesa no campo de poboación refuxiada de Kyaka II, situado no distrito de Kyegegwa de Uganda. Para iso reforzarase a capacidade operativa e a cobertura sanitaria dos servizos de atención primaria, tendo en conta o impacto provocado pola pandemia do COVID-19 e prestando especial atención ás cuestións de protección de xénero.

Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
UGANDA
Zona de actuación: 
Campo de refuxiados Kyaka II, distrtito Kyegegwa
Axentes: 
FARMACEUTICOS MUNDI
Contraparte: 

Emesco Development Foundation

Código CRS: 
12220 - Atención sanitaria básica
13020 - Atención saúde reprodutiva
70000 - Axuda humanitaria
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a garantir a protección e o exercicio do Dereito á Saúde da poboación afectada pola crise humanitaria de República Democrática do Congo refuxiada en Uganda nun contexto de emerxencia de saúde pública global por COVID-19.

Específico: Fortalecer o acceso ao dereito á saúde baixo un enfoque de prevención e protección considerando as necesidades específicas de xénero e idade da poboación refuxiada congolesa no campo de refuxiados de Kyaka II, Uganda.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. O sistema sanitario de Kyaka II fortaleceu a súa capacidade operativa e cobertura sanitaria dos servizos de atención primaria (con énfase en saúde materno-infantil e SSR), nun contexto de pandemia por COVID-19.

            A.1.1.1 Atención sanitaria adaptada ao perfil epidemiolóxico da poboación refuxiada en Kyaka II, con énfase na saúde materna, sexual e reprodutiva, así como as enfermidades infectocontaxiosas como o COVID-19.

            A.1.1.2 Capacitación do persoal sanitario e xerentes de dispensarios dos centros de saúde en atención en Saúde Sexual Reprodutiva e sobre a VbG como problema de saúde pública.

RE 1.2 Promovidas contornas saudables, seguras e sensibles ás necesidades específicas de xénero e idade para previr a propagación de brotes de enfermidades infectocontaxiosas como o COVID-19.

            A.1.2.1 Articulación de 60 dispositivos móbiles de saúde nos asentamentos de poboación refuxiada nos asentamentos de Kyaka II con maiores dificultades de acceso aos servizos sanitarios.

            A.1.2.2 Distribución de mosquiteras impregnadas de insecticida e kits de hixiene entre as unidades de convivencia de poboación refuxiada en situación de maior vulnerabilidade.

            A.1.2.3 Articulación dunha campaña IEC de promoción do acceso á saúde (incluíndo medidas de prevención ante enfermidades infectocontaxiosas como o COVID-19), así como a prevención de VCM e promoción das relacións e identidades de xénero non violentas.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 12.120 (5.885 mulleres, 2.960 homes, 1.637 nenos e 1.638 nenas).

Indirecta: 44.817 persoas.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 70.000,00 €