Proxectos

CONTOS DO MUNDO: IRENE EN SENEGAL

Fomentar a educación intercultural e os valores de solidariedade entre as nenas e nenos entre 6 e 9 anos

Ano: 
2007
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Obxectivos: 

Sensibilizar e dar a coñecer a situación de pobreza do África subsahariana, orixe dun número importante da poboación inmigrante galega, á poboación en xeral
Desenvolver unha campaña educativa, dirixida a nenas e nenos do primeiro ciclo de Educación Primaria e docentes, de como mínimo 30 centros de ensino Primario, ludotecas ou casas de cultura de toda Galicia (especialmente de zonas rurais  e semirurais), sobre os valores transmitidos a través dos contos e lendas infantís de Senegal, promovendo a convivencia, a incorporación de valores de solidariedade, respeto e compromiso e dando a coñecer a situación da poboación da zona
Desenvolver unha campaña de sensibilización para a poboación en xeral para dar a coñecer a situación da pobreza na que vive poboación do África Subsahariana, orixe de moitos dos inmigrantes que hai en Galicia

Resultados e actividades: 

-  Enviarase información sobre a campaña a unha selección de centros de Ensino Primario de Galicia propoñéndoselles participar na campaña (primaranse centros en zonas rurais e semirurais. Ademais permitirase a participación de ludotecas e proporáselles tamén a diversos concellos cos que colabora neses temas dende hai tempo por si desexan realizar algunha sesión nalgunha casa de cultura ou centro cívico
-  Enviaranse por correo e mensaxeira os materiais da campaña a bibliotecas infantís de toda Galicia. Enviarase tamén por correo ordinario ou mensaxeira os materiais da campaña a outras ONGD’s e asociacións de inmigrantes para que poidan utilizalos como recurso educativo, ó igual  que a os sindicatos do ensino en Galicia.. Promoverase entre os medios de comunicación a difusión destes materiais e da campaña, tanto nos medios locais das localidades onde se realizan as actividades como aos medios autonómicos
-  Deseñaranse e produciranse  materiais de sensibilización cunha imaxe orixinal que de forma clara de a coñecer a situación de pobreza que se vive no África subsahariana así como a labor que a cooperación internacional está realizando para loitar contra as causas que orixinan a pobreza
-  Realizarase unha páxina web no marco da campaña que será difundida a través de banners  en páxinas de internet galegas así como por emailing masivos ás bases de datos de Solidariedade Internacional de Galicia
-  Colocaranse na Web os materiais da campaña. Esta Web difundirase nos materiais en máis nas actividades públicas
-  Planificarase a visita dun membro da sociedade civil senegalesa para participar nesta campaña. Realizaranse oito actividades públicas

Poboación beneficiaria: 

2300 nenas e nenos galegos de 30 centros educativos e preto de 100 profesoras e profesores galegos de Ensino Primario. E nas actividades públicas achegarase a preto de 200 persoas
Preto de 50 senegalesas e segenaleses inmigrantes presentes en Galicia que tamén participarán nesta campaña

Axudas: 

19911