Contribución ao acceso a unha educación de calidade para nenos e nenas desprazados e das comunidades de acollida afectados pola emerxencia no Condado de Akobo Este, Sur Sudán
Sudán de Sur é o país de máis recente creación e un dos países máis pobres e menos desenvolto do mundo. Está afectado por continuas crises o que xerou enormes necesidades humanitarias. A maior parte da poboación ten grandes dificultades para cubrir as súas necesidades básicas. A inseguridade alimentaria é unha das grandes preocupacións do país, afectando á metade da poboación, a malnutrición é crónica na maioría das rexións. A situación de violencia e desprazamento que sufre o país agravou a difícil situación educativa xa existente con baixos niveis de matriculación, limitada participación de nenas nas escolas e infraestruturas deficientes. A crise creou un desafío para o estado: facer fronte ás novas necesidades educativas e impedir que esta xeración de nenas/os perda o ano escolar e oportunidades no futuro.
Plan International South Sudan
Obxectivo xeral: Contribución ao acceso a unha educación de calidade para nenos e nenas desprazados e das comunidades de acollida afectados pola emerxencia no Condado de Akobo Este.
Obxectivo específico: Dar acceso a 500 alumnos/as de primaria de 7 a 18 años en escolas de Akobo Este.
A1.0.1. Taller de inicio do proxecto
Resultado 1.1. 500 alumnos/as (250 nenos e 250 nenas) teñen acceso a un espazo educativo seguro e protexido.
Actividades
A1.1.1. Establecemento e posta en marcha de 10 Espazos Educativos Temporais (TLS).
A1.1.2. Equipamento de 10 Espazos Educativos Temporais (TLS).
A1.1.3. Distribución de kits hixiénicos/dignidade (150 nenas dispoñen de 2 dignity kits, cada kit está previsto para 3 meses e contén: xabón, compresas, espello, corta unllas, toalla e deterxente).
A1.1.4. Celebración de campañas para a promoción da matriculación escolar ao inicio do ano escolar, estas campañas estarán lideradas polos clubs escolares creados e os PTAs.
A1.1.5. Creación e formación de 2 clubs escolares.
Resultado 1.2. 500 alumnos/as (250 nenos e 250 nenas) benefícianse dunha educación de calidade nas 2 escolas onde se implementará o proxecto.
Actividades
A1.2.1. Formación de 24 membros dos PTAS.
A1.2.2. Formación de 24 profesores (10 das 2 escolas onde se implementa o proxecto e 14 das escolas veciñas.
A1.2.3. Distribución de materiais escolares.
A1.2.4. Impresión e distribución de libros de texto.
A1.2.5. Pago mensual dos profesores voluntarios participantes no proxecto.
Resultados 1.3.1500 (800 nenos e 700 nenas) alumnos/as teñen acceso á información en boas prácticas hixiénicas.
Actividades
A1.3.1. Formación de 40 membros dos clubs escolares en boas prácticas de promoción de hixiene.
A1.3.2. Distribución de 100 copias de materiais de promoción de hixiene nas escolas así como en diferentes localizacións estratéxicas das comunidades.
A1.3.3. Posta en marcha e desenvolvemento ao longo do curso escolar de Campañas de promoción de hixiene nas 2 escolas e as 2 comunidades.
Directa
2.148 persoas (24 mulleres, 24 homes, 1.100 nenos e 1.000 nenas)
Indirecta
127.160 persoas (30.519 mulleres, 20.345 homes, 45.778 nenos e 30.518 nenas)
70000