Contribución á soberanía alimentaria en comunidades campesiñas do Norte de Potosí, Bolivia
O proxecto executarase no municipio de Ocurí pertencente á provincia Chayanta, do Departamento de Potosí e incidirá directamente na redución da pobreza e en superar a inseguridade alimentaria nutricional. Esta problemática afecta á poboación urbana e rural en situación de pobreza. Dende sempre, esta problemática de dobre cara foi considerada "estrutural", no senso de que forma parte das situacións de escasas modificacións favorables no mediano e aínda no longo prazo. En segundo lugar, debe admitirse que, pola súa gran magnitude e incidencia na poboación nacional, a súa superación non só compete á sociedade civil (os sectores en situación de pobreza que enfrontan a inseguridade alimentaria nutricional), senón fundamentalmente ao Estado boliviano. En consecuencia, en Bolivia esta problemática da extrema pobreza e da inseguridade alimentaria nutricional rexistra aínda gravidade.
Instituto Politécnico Tomas Katari (IPTK)
Diminuída a pobreza e a desigualdade de familias pobres do municipio de Ocurí.
Melloradas as condicións de seguridade alimentaria dende un enfoque de soberanía e promovendo a equidade de xénero de 120 produtores e produtoras de 8 comunidades rurais do Municipio de Ocurí.
- Eventos e encontros de formación.
- Apoio en eventos e ampliados comunais.
- Asesoría técnica a organizacións sociais de base en fortalecemento interno.
- Planificación de actividades a nivel comunal e a nivel familiar.
- Intercambio e dotación de sementes melloradas de cultivos tradicionais, cultivos alternativos e de hortalizas.
- Implementación de tecnoloxía apropiada para a produción de cultivos tradicionais e alternativos .
- Produción de hortalizas e en hortos.
- Construción de infraestrutura agrícola.
- Desenvolvemento de obradoiros de capacitación en produción agrícola, frutícola e forestal.
- Selección e intercambio de reprodutores crioulos.
- Alimentación do rabaño crioulo.
- Manexo do rabaño crioulo.
- Desenvolvemento de talleres de capacitación en produción pecuaria (melloramento xenético, sanidade animal e alimentación).
- Construción de obras de recuperación e manexo do recurso chan.
- Apoio e asistencia técnica no manexo da cobertura vexetal.
- Apoio e asistencia técnica no manexo axeitado do recurso auga.
- Desenvolvemento de obradoiros de capacitación en manexo e conservación dos recursos naturais.
- Intercambio de experiencias.
- Desenvolvemento de obradoiros de capacitación en educación alimentaria nutricional e estilos de vida saudables.
- Desenvolvemento de obradoiros de capacitación a mestres para a implementación do PEAN nos seus respectivos establecementos educativos.
- Prácticas alimentarias con homes e mulleres.
- Realización de feiras nutricionais.
- Desenvolvemento de obradoiros de capacitación artesanal.
- Acompañamento en procesos de produción artesanal.
Directa: 120 familias do cantón Peaña do municipio de Ocurí.
Indirecta: 150 familias indirectas do cantón Peaña do municipio de Ocurí.
115.230,00 € (2011: 40.330,50 € - 2012: 74.899,50 €)