Proxectos

Contribuíndo ao empoderamento das mulleres nos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia no Occidente do Salvador

O proxecto “Contribuíndo ao empoderamento das mulleres nos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia no Occidente do Salvador” ten como obxectivo  contribuír ao exercicio dos dereitos sexuais e reprodutivos, a erradicación da violencia contra as mulleres,así como ao empoderamento de mulleres novas e adultas no occidente do Salvador. Desde o proxecto, búscase fortalecer, aumentar as capacidades e a autonomía das mulleres novas e adultas organizadas, recoñecer, visibilizar e promover o seu empoderamento subxectivo, colectivo e de incidencia política e a súa participación equitativa, real e efectiva nos procesos de dereitos humanos e especialmente de dereitos sexuais e dereitos reprodutivos.

 

Ano: 
2017
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
O SALVADOR
Zona de actuación: 
Ataco (municipio)
Atiquizaya (municipio)
Izalco (municipio)
San Lorenzo (municipio)
Santa Ana (departamento)
Sonsonate (departamento)
Axentes: 
FUNDACIÓN MUJERES
Contraparte: 

Asociación Movimiento de Mujeres “Melida Anaya Montes”, As Melidas

Código CRS: 
130 - Políticas de poboación e saúde reprodutiva
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír ao exercicio dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos, a erradicación da violencia contra as mulleres e o empoderamiento de mulleres novas e adultas no occidente do Salvador.

Obxectivo Específico: Fortalecer as capacidades da Policía Nacional Civil dos departamentos de Santa Ana e Sonsonate e das mulleres organizadas dos municipios de Ataco, Atiquizaya, Izalco, Santa Ana, San Lorenzo e Sonsonate en materia de igualdade de xénero, dereitos sexuais, dereitos reprodutivos e dereito a unha vida libre de violencia para as mulleres.

Resultados e actividades: 

Actividade transversal 1: Seguimento técnico e económico e avaliación do proxecto.

Actividade transversal 2: Difusión da execución e do seguimento do proxecto en Galicia.

Resultado 1: Mulleres organizadas dos 6 municipios fortaleceron as súas capacidades para incidir en accións políticas a nivel municipal ou comunitario en materia de dereitos sexuais, dereitos reprodutivos e dereito a unha vida libre de violencia para as mulleres.

Actividade 1.1: Deseño e execución do proceso formativo en dereitos sexuais e reprodutivos, atención en crise de casos de violencia contra as mulleres (VCM) e ruta de denuncia de casos de VCM.

Actividade 1.2: Deseño e execución do proceso formativo sobre masculinidades, dereitos sexuais e reprodutivos, violencia contra as mulleres e lexislación nacional en materia de igualdade e violencia de xénero.

Actividade 1.3: Participación das mulleres novas, adultas e homes novos do proxecto no deseño e posta en marcha acciones de incidencia a favor dos dereitos sexuais e reprodutivos e contra a VCM.

Resultado 2: Fortalecidas as capacidades de atención e/ou acompañamentos dos Comités de Prevención de VCM a nivel comunitario e bríndanse atención emocional e xurídica primaria a mulleres que enfrontan violencia.

Actividade 2.1: Acompañamento aos Comités de prevención da VCM na elaboración dos mapas de VCM.

Actividade 2.2: Bríndase atención psicolóxica e xurídica a mulleres que enfrontan violacións aos seus dereitos.

Resultado 3: Impulsadas accións de sensibilización e formación coa Policía Nacional Civil (PNC) en materia de dereitos sexuais e reprodutivos e para que incorporen a atención especializada nos casos de VCM.

Actividade 3.1: Deseño e execución do proceso formativo en prevención de violencia e atención especializada a casos de VCM coa PNC.

Poboación beneficiaria: 

Directa: Unhas 535 persoas, das cales 335 son mulleres, 80 homes, 60 nenas e 60 nenos.

· 40 Integrantes das asociacións municipais de mulleres, comités de prevención da violencia contra as mulleres e colectivas xuvenís.

· 75 Mulleres da poboación dos municipios, en condicións de vulnerabilidade e vítimas de violencia

· 20 Homes de entre 18 e 40 anos de idade acompañantes, irmáns, fillos, parellas, pais das mulleres nos procesos de formación.

· Institutos e centros educativos dos Municipios que teñan disposición a apoiar os procesos de sensibilización para promover a igualdade e prevención da violencia cara as mulleres. (120 alumnas e alumnos).

· Unidades de xénero das Alcaldías, Concellerías da Muller e as Unidades da muller da Policía Nacional Civil e Procuradoría Xeral da República (PGR).

· 20 Axentes de policías que atendan casos de violencia de xénero

· Mulleres que enfrontan violencia de xénero e asisten ás oficinas da PNC

· O público meta da campaña de sensibilización, que se centran en nenas e nenos de 10 años ata mulleres e homes adultas maiores.

Indirecta: Unhas 65.202 das cales 41.453 son mulleres 928 homes 500 nenas e 22.321 nenos.

Axudas: 

163.479,00 € (2017: 65.391,60 €; 2018: 98.087,40 €)