Proxectos

Contribuíndo á sustentabilidade para a recuperación dos medios de vida coas comunidades locais da provincia de Maputo no marco da COVID-19, a través do fortalecemento da cadea de valor dos produtos hidrolóxicos desde unha óptica de xénero

O proxecto ten como obxectivo contribuír á sustentabilidade dos medios de vida das comunidades locais da provincia de Maputo, mitigando as consecuencias do Estado de Emerxencia de Saúde Pública provocada pola COVID-19, con especial atención a mozos/as e mulleres, a través do incremento dos ingresos e o consumo de alimentos de alto valor nutricional na poboación dos Distritos de Namaacha y Bonae. Desde o punto de vista dunha intervención orientada á mellora dos niveis de renda e da seguridade alimentaria e nutricional (SAN) dos agregados familiares, a proposta integra unha visión que incide na sustentabilidade da cadea de valor da pesca artesanal na rexión. A estratexia de implementación baséase en mellorar a xestión do recurso que se atopa baixo presión, promovendo prácticas sustentables que permitan aumentar os ingresos e a SAN das comunidades. A intención do proxecto é estimular un cambio sustentable e duradeiro nos mercados e a cadea de valor da pesca artesanal, apoiando aos actores locais na produción, comercialización e consumo sustentable dos recursos pesqueiros.

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
África
País: 
MOZAMBIQUE
Zona de actuación: 
Maputo (provincia)
Axentes: 
AXUDA EN ACCIÓN (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

Fundación Axuda en Acción – Mozambique

Código CRS: 
31310 - Política pesqueira e xestión administrativa
31320 - Desenvolvemento pesqueiro
31381 - Educación, formación pesqueira
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír á sustentabiliidade dos medios de vida das comunidades locais da provincia de Maputo mitigando as consecuencias do Estado de Emerxencia de Saúde Pública provocada pola COVID-19

Específico: Incrementar os ingresos e o consumo de alimentos de alto valor nutricional de maneira sustentable na poboación dos Distritos de Namaacha e Boane

Resultados e actividades: 

R.1. Reforzo da gobernanza e xestión sostible dos recursos pesqueiros nos distritos de Namaacha e Boane

A.1.1. Creación e potenciación de 2 Consellos Comunitarios de Pesca nos distritos de Namaacha e Boane.

A.1.2. Creación e potenciación de 2 Consellos Comunitarios de Pesca nos distritos de Namaacha e Boane.

A.1.3. Campaña de promoción das boas prácticas pesqueiras con 100 pescadores das comarcas de Namaacha e Boane

R.2. Mellorouse e promoveu a transformación e comercialización de produtos pesqueiros nas comunidades locais dos distritos de Namaacha e Boane para paliar as consecuencias socioeconómicas do COVID-19.

A.2.1.  Construción dunha estrutura multifuncional e rehabilitación dunha vía de acceso no centro pesqueiro de Mahanhane para mellorar as condicións de traballo de pescadores e comerciantes incorporando normas de prevención do COVID 19

A.2.2. Desenvolvemento dunha liña de base sobre a produción e comercialización de produtos pesqueiros

A.2.3. Formación de 30 pescadores e 20 comerciantes en Economía Popular Solidaria para fortalecer os sistemas económicos locais de forma sostible e equitativa.

A.2.4. Formación para 20 mulleres para elaborar produtos a base de peixe adaptados ao consumo local para a súa produción e comercialización.

A.2.5. Posta en marcha de 1 piloto para a comercialización de produtos locais a base de peixe

Poboación beneficiaria: 

Directa: 310 persoas (240 homes e 70 mulleres)

Indirecta: 2.500 persoas (1.175 homes e 1.325 mulleres)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

175.000 € (70.000 € en 2022 e 105.000 € en 2023)