Proxectos

Contribuír a facer efectivo o dereito á saúde das persoas en risco de desnutrición fortalecendo os servizos de saúde e as boas prácticas nutricionais e de coidado con enfoque de xénero e pertinencia cultural en Alta Verapaz, Guatemala

Este proxecto pretende contribuír a facer efectivo o dereito á saúde das persoas en risco de desnutrición fortalecendo os servizos de saúde e as boas prácticas nutricionais e de coidado con enfoque de xénero e pertinencia cultural no municipio de San Pedro Carchá, Alta Verapaz, GT.

Para iso, en base á experiencia de Médicos do Mundo implementando proxectos de nutrición e saúde en Alta Verapaz, a proposta pretende mellorar os elementos esenciais do Dereito á Saúde e abordar os principais determinantes sociais da saúde que afectan a saúde da poboación con malnutrición ou en risco de padecela. Os resultados esperados inclúen o fortalecemento da rede de servizos de saúde e nutrición, mellor acceso a auga segura e boas prácticas de hixiene, maior dispoñibilidade de recursos para aplicar prácticas nutricionais adecuadas e unha mellora na eficacia dos espazos de participación comunitaria en saúde, reducindo as inequidades de xénero e fortalecendo o tecido social e cultural, así como fomentando o liderado xuvenil.

Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Alta Verapaz (departamento)
Axentes: 
MÉDICOS DO MUNDO GALICIA
Contraparte: 

Dirección Departamental de Redes Integradas de Servicios de Salud de Alta Verapaz

Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a facer efectivo o exercicio do dereito á saúde das poboacións vulnerables, en especial mulleres adultas, adolescentes e nenez, favorecendo o acceso a servizos de saúde, nutrición e saúde sexual e reprodutiva con perspectiva de xénero e pertinencia cultural no departamento de Alta Verapaz, GT.

Específico: Contribuír a facer efectivo o dereito á saúde das persoas en risco de desnutrición fortalecendo os servizos de saúde e as boas prácticas nutricionais e de coidado con enfoque de xénero e pertinencia cultural en Alta Verapaz, Guatemala.

Resultados e actividades: 

RE 1:  Fortalecida a rede de Servizos de Saúde e nutrición dos Distritos Municipais de San Pedro Carchá, Campur.

           A.1.1: Formación ao persoal sanitario en nutrición, normas e protocolos SAN e Saúde Reprodutiva.

A.1.2: Brindar apoio técnico e tecnolóxico para mellorar a eficacia do Sistema de referencia e contra referencia entre servizos de saúde.

A.1.3: Incrementar a capacidade instalada nos establecementos de saúde para desenvolver os programas de nutrición e saúde reprodutiva.

A.1.4: Favorecer o diálogo entre a medicina tradicional e a medicina occidental.

A.1.5: Mellorar a aceptación dos servizos de saúde por parte a poboación.

A.1.6:Mellorar a aceptabilidade dos servizos de saúde para as persoas con discapacidade.

A.1.7: Ampliar a dispoñibilidade e o acceso aos servizos de saúde e nutrición.

A.1.8: Mellorar a xestión da cadea de subministracións nos establecementos de saúde.

A.1.9: Incrementar o alcance da vixilancia epidemiolóxica para cualificar a toma de decisións.

RE 2: Mellorado o acceso a auga segura e a implementación de boas prácticas de hixiene.

A.2.1: Aumentar a cobertura de letrinas e sistemas de saneamento en establecementos de saúde, escolas e estruturas de uso comunitario con condicións aceptables para mulleres e nenas.

A.2..2: Asegurar a dispoñibilidade de sistemas de almacenamento de auga (tinacos) en establecementos de saúde, escolas e estruturas de uso comunitario.

A.2.3: Desenvolver accións para aumentar o número de persoas que aplican boas prácticas de WASH.

RE 3: Ampliados os recursos da poboación priorizada para aplicar boas prácticas nutricionais.

A.3.1: Implementar actividades complementarias para mellorar os programas de nutrición escolar.

A.3.2: Mellorar o coñecemento e comprensión sobre boas prácticas de consumo e preparación de alimentos (saber e saber facer).

RE 4: Mellorada a eficacia dos espazos de participación comunitaria en saúde con redución das inequidades de xénero, fortalecendo o tecido social e cultural e propiciando o liderado.

A.4.1: Facilitar a participación das mulleres nos espazos comunitarios.

A.4.2: Potenciar a participación de liderados xuvenís e a integración da corresponsabilidade equitativa en saúde e nutrición.

A.4.3: Reforzar o funcionamento das Comisións de Saúde para atender emerxencias en casos de desnutrición.

A.4.4: Crear unha ruta de acción a nivel comunitario para dar resposta a situacións graves de nenez e poboación con desnutrición.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 7.472 (1.731 homes; 2062 Mulleres; 1.713 nenos; 1.966 nenas)

Indirecta: 36.882 (10.290 homes; 10.363 mulleres; 8.085 nenos; 8.144 nenas)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

185.000 € (64.750 € en 2024 e 120.250 € en 2025)