Proxectos

CONTRIBUIR Á MELLORA SOCIOECONÓMICA DE 110 FAMILIAS DA SECCIÓN COMUNAL DE 7IÉME BRAS GAUCHE DE BAINET, DESPOIS DO TERREMOTO DO 12 DE XANEIRO DE 2010

O forte terremoto acontecido o día 12 de xaneiro de 2010, deixou miles de mortos e incontables danos materiais.
Un punto especialmente danado é o Departamento do Sueste, situado ao sur da capital, epicentro da segunda réplica de 5,5 grados na escala Richter. Entre as varias consecuencias posteriores ao terremoto foro na diminución de alimentos para a poboación, a perda de capital a consecuencia da perda de postos de traballo, a caída do comercio etc.
Os impactos directos e indirectos do terremoto están tendo unha repercusión importante sobre a seguridade alimentaria do país. Un dos impactos máis importantes foi o aumento da poboación especialmente nas zonas rurais, onde se desprazou unha parte importante da poboación procedente da capital.
No conxunto do departamento do sudeste que conta cunha poboación de medio millón de habitantes a cifra final de mortos é de 398 persoas, e son 18.897 as familias afectadas. Nestes momentos máis de 20.000 persoas están albergadas en improvisados campos de refuxio, posto que 4.161 casas foron destruídas e 13.493 están moi danadas. Na cidade de Jacmel o 70% das vivendas afectadas están destruídas ou parcialmente destruídas.
Dada a situación, e ante esta urxencia nunha primeira fase requiriuse actuar en todos os sectores de primeira urxencia, e, fundamentalmente, necesítase material para auga e saneamento, material hixiénico, medicinas e material de desentullo.
O equipo de Solidaridade Internacional mantívose dende a primeira semana en intensa actividade e vai actualizando a resposta a medida que se van avaliando as necesidades.
O impacto na zona rural, ademais das perdas en materia, danos en infraestruturas, vese reflectido directamente sobre a seguridade alimentaria. Debido á falta de dispoñibilidade de alimento como consecuencia do aumento da poboación en situación de vulnerabilidade tras o sismo, posto que unha parte importante da poboación de Porto Príncipe se dirixiu á zona rural. Este aumento de poboación repercutiu no consumo dos alimentos, no mercado diario e na produción agrícola, pois, incluso nalgúns lugares a poboación consumiu sementes que estaban almacenadas para a sementeira desta temporada.
No marco do proxecto, contribuirase á reparación de danos materiais sufridos por familias de agricultores a prol de sentar as bases dun desenvolvemento sostible, que teña en conta os dereitos básicos das persoas e a beneficio da poboación particularmente vulnerable. Pretende contribuír a reactivar a economía local como medio para sentar as bases de desenvolvemento sostible a través de dous eixes de actuación: recuperación e protección de concas, cárcavas, que terá unha repercusión directa na recuperación de terreos para a agricultura e mellorar as vías de aceso agropecuario e da poboación. O primeiro eixe, ademais dunha pequena formación, contempla a dotación de ferramentas, lotes facilitados a grupos de traballo, para a recuperación e protección de cárcavas. O segundo eixe contempla a recuperación da estrada de aceso á sección comunal.
Estas dúas intervencións faranse coa metodoloxía de contratar a un elevado número de persoas, realizar obras comunitarias a través de diñeiro por traballo, o cal repercute de forma directa na mellora da economía das familias, especialmente as afectadas polo terremoto.
Crearanse oportunidades laborais para 110 persoas durante os dous meses do proxecto. A mellora das estradas facilitará a entrada e saída da poboación, ademais dos insumos, elementos básicos para o desenvolvemento da zona.

 

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
HAITÍ
Zona de actuación: 
Departamento do Sureste
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Contraparte: 

Asociación de técnicos para á promoción daAgricultura e á Protección doMedio Ambiente do Sudeste, ATEPASE

Código CRS: 
52010 - Axuda alimentaria / Programas de seguridade alimentaria
Obxectivos: 

OX: contribuír ao relanzamento socioeconómico e mellora das condicións de vida de 110 familias do departamento do sueste de Haití, afectadas polo terremoto do 12 de xaneiro de 2010.
OE: mellora urxente das condiciones socioeconómicas de 110 familias da 7.ª sección comunal Bras Gauche, Departamento do Sueste de Haití, afectadas polo terremoto.
 

Axudas: 

19972,98