Convenio de colaboración coa UNRWA (Axencia das Nacións Unidas para os refuxiados en Palestina) para o proxecto Mellora da seguridade alimentaria na Franxa de Gaza "Contribuíndo á supervivencia da poboación refuxiada Palestina a través da provisión de ali
Este proxecto enmárcase dentro do Programa de Emerxencia de UNRWA na Franxa de Gaza, concretamente nun dos seus compoñentes fundamentais, o Programa de Axuda Alimentaria de Emerxencia, que ten por obxecto a provisión de axuda alimentaria de emerxencia a 800.000 persoas, distribuída en catro rondas anuais.
A proposta que presentamos enmárcase así mesmo dentro da emerxencia a gran escala, debido á aguda crise humanitaria que sufre actualmente a poboación de Gaza como consecuencia, entre outros, das hostilidades do verán de 2014 - e de maneira máis severa a poboación refuxiada – como resultado do estado continuo de violencia no que vive a poboación desde fai décadas.
A contribución da Xunta de Galicia destinarase a completar unha das catro rondas de axuda alimentaria, reducindo o impacto do bloqueo sobre as familias refuxiadas máis vulnerábeis da Franxa de Gaza, mediante a mellora da seguridade alimentaria da poboación máis vulnerábel, dando acceso a alimentos de primeira necesidade con valores calóricos elevados.
Obxectivo Xeral: Reducir o impacto do conflito e a crise humanitaria na vida da poboación en situación de maior vulnerabilidade da Franxa de Gaza.
Obxectivo Específico: Incrementar o aporte calórico da poboación en situación de maior vulnerabilidade da Franxa de Gaza a través da provisión de cestas alimentarias de alto valor calórico.
Resultado 1.1. Mellorado o balance nutricional e o aporte calórico da poboación en situación de maior vulnerabilidade na Franxa de Gaza.
Actividades
A1.1.1: Identificación da poboación beneficiaria.
A1.1.2: Procedemento de licitación e adquisición de alimentos.
A1.1.3: Entrega da axuda alimentaria ao almacén central de UNRWA.
A1.1.4: Comprobación do estado dos alimentos e reparto dos paquetes aos almacéns da UNRWA en Gaza.
A1.1.5: Distribución dos paquetes alimentarios á poboación beneficiaria.
A1.1.6: Seguimento da intervención.
Mellora do estado nutricional de 4.823 persoas
20000