Proxectos

Convenio de colaboración coas Universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o proxecto de conformación dunha Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento

O presente convenio ten por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e as tres universidades galegas no proxecto de conformación dunha Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento. A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento ( RGCUD), actúa como instrumento común de dinamización das accións de CUD e EpD, fomentando a participación e formando ás comunidades educativas, xerando espazos e ferramentas para o intercambio de experiencias, e recompilando as experiencias e capacidades existentes para facilitar tanto a súa visibilización, como para favorecer sinerxias en novas oportunidades de traballo.

Ano: 
2015
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
UNIVERSIDADE DE VIGO
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Mellora do posicionamento do Sistema Universitario de Galicia (SUG) fronte á axenda de desenvolvemento post2015.

Obxectivo Específico: Apoio á consolidación da RGCUD como instrumento de dinamización e apoio da CUD e EpD do Sistema Universitario de Galicia.

Resultados e actividades: 

Resultado 1: Creación do equipo de traballo da RGCUD e inicio da institucionalización dun servizo de asesoramento e formación para a comunidade universitaria no campo da CUD e EpD.

Actividade 1.1: Renovación do equipo técnico da RGCUD.

Actividade 1.2: Asesoramento do equipo técnico aos grupos de traballo das universidades para a consecución de proxectos de CUD e EpD.

Actividade 1.3: Análise da oferta tecnolóxica das Universidades do SUG para a cooperación e educación para o desenvolvemento.

 

Resultado 2: Construción de capacidades e de espazos compartidos de traballo das comunidades universitarias do SUG, referentes á análise da axenda post2015, procura de financiamiento externo, fomento da participación das comunidades universitarias, e construción de alianzas público privadas non marco da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Actividade 2.1: Realización dunha xornada de traballo e análise das comunidades universitarias do SUG sobre a axenda de desenvolvemento post2015.

Actividade 2.2: Realización dun encontro de traballo das comunidades universitarias do SUG e das universidades da rexión do norte de Portugal, para a procura de sinerxias de traballo en CUD e EpD no marco da axenda de desenvolvemento post2015.

Actividade 2.3: Realización dun encontro de traballo das comunidades universitarias do SUG e outros actores da cooperación, para a procura de sinerxias na consecución de alianzas público - privadas.

Actividade 2.4: Realización dunha formación de búsqueda de financiamiento para accións CUD e de EpD.

Actividade 2.5: Realización dunha formación sobre o papel do persoal PAS nas accións CUD e de EpD.

Actividade 2.6: Realización dun plan de formación para o fomento da participación nas accións CUD e de EpD.

 

Resultado 3: Visibilización do traballo en CUD e EpD no SUG entre a comunidade universitaria, así como na sociedade no seu conxunto, facilitando a procura de sinerxias de traballo.

Actividade 3.1: Mantemento e actualización da páxina web da RGCUD, especialmente da base de datos.

Actividade 3.2: Elaboración dun plan de comunicación da RGCUD.

 

Resultado 4: Formalización dun proceso de seguimento e avaliación das actuacións da RGCUD para garantir o cumprimento dos obxectivos previstos.

Actividade 4.1: Constitución do equipo de seguimento e avaliación da RGCUD.

Actividade 4.2: Elaboración dun plan de seguimento e avaliación da RGCUD.

Actividade 4.3: Posta en marcha do plan de seguimento e avaliación da RGCUD.

 

    Axudas: 

    102.633,00 € (2015)