Convenio de colaboración con Farmacéuticos Mundi para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia
Accións de asistencia e atención inmediata de emerxencia tras declararse o desastre ou a crise humanitaria ou ante a agudización dunha crise crónica (fames negras, desprazamentos de poboación por causas bélicas, económico-sociais ou post-catástrofe) para evitar unha gran mortandade entre os/as damnificados/as.
En base ao anterior, as actuacións a desenvolver por Farmacéuticos Mundi céntranse en dúas estratexias diferenciadas. Por unha banda, procederase ao envío de equipos estándares (Kits de Acción Inmediata e Kits IEHK ‘06) desde a súa área loxística con sede en Valencia, que se realizará en coordinación coa Oficina de Acción Humanitaria da Axencia Española de Cooperación ao Desenvolvemento (AECID), a fin de garantir que os envíos se axusten ás necesidades do país receptor e estean no marco do dispositivo de coordinación de emerxencias do mesmo. Estes Kits foron deseñados seguindo o modelo da OMS para prestar unha axuda rápida e eficaz en situacións de emerxencia e permiten atender as necesidades da poboación durante 13 meses ou máis, adaptándose estritamente ás necesidades e patróns epidemiolóxicos do país de destino e da emerxencia concreta que se deba atender.
Por outra banda, Farmacéuticos Mundi está a impulsar unha nova estratexia de resposta en emerxencia que busca aumentar e mellorar a súa acción na primeira fase dunha crise humanitaria. Para iso, está a proceder á dotación de Kits e stocks de medicamentos adecuados e suficientes de resposta en emerxencia directamente naqueles países onde Farmacéuticos Mundi conta con presenza permanente.
O convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e Farmacéuticos Mundi ten como obxecto realizar as actuacións que ambas as partes acorden tendentes a atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humano, con especial énfase nos colectivos máis vulnerables, mediante a provisión inmediata de bens e servizos esencial para a supervivencia (auga, abrigo, medicamentos, atención sanitaria e/ou outro material de primeira necesidade) e paliar o sufrimento das poboacións afectadas por crises de longa duración e desequilibrios crónicos e estruturais, con énfases en países e poboacións de menor Índice de Desenvolvemento Humano (IDH).
En función das características de cada situación de emerxencia ou das crises humanitarias crónicas nas que se pretenda intervir, será acordada un tipo de resposta, dentro da tipoloxía que se detalla a continuación:
a) Envío de kits estándar de medicamentos (kits de Acción Inmediata, IEHK 2006 ou específicos para traumatología, cólera, obstetricia e pediatría) desde a súa Área Loxística con sede en Valencia, en coordinación coa Oficina de Acción Humanitaria da Axencia Española de Cooperación ao Desenvolvemento (AECID), a fin de garantir que os envíos se axusten ás necesidades do país receptor e estean no marco do dispositivo de coordinación de emerxencias do mesmo. Estes Kits foron deseñados seguindo o modelo da OMS para prestar unha axuda rápida e eficaz en situacións de emerxencia e permiten atender as necesidades da poboación segundo o tipo de emerxencia, adaptándose estritamente ás necesidades e patróns epidemiolóxicos do país de destino e da emerxencia concreta que se deba atender.
b) Utilización dos Kits e stocks de medicamentos de resposta en emerxencia situados directamente naqueles países onde Farmacéuticos Mundi conta con presenza permanente, sempre que a contraparte poida garantir a mobilización dos insumos e ademais estes sexan adecuados ás necesidades identificadas. Durante o ano 2011 cóntase con este dispositivo en Nicaragua, Guatemala, O Salvador, O Perú, República Dominicana, Haití, República Democrática do Congo (RDC) e Serra Leona.
c) Deseño e execución de accións orientadas á atención inmediata da poboación damnificada, naqueles casos en que Farmacéuticos Mundi dispoña dunha contraparte estratéxica no lugar de intervención.
50.000,00 €