Proxectos

Convenio de colaboración con Farmacéuticos Mundi para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia

Este convenio vén asinándose de forma ininterrompida desde o ano 2009 para garantir unha resposta rápida e áxil da Xunta de Galicia, a través da posta en marcha de accións de asistencia e atención inmediata de emerxencias, tras declararse o desastre ou crise humanitaria ou ante a agudización dunha crise crónica (situacións de fame, desprazamentos de poboación por causas bélicas, económico-sociais ou post-catástrofe) tratando de evitar unha gran mortandade entre os/as damnificados/as.

Nestas actuacións FARMAMUNDI traballará a partir de dúas estratexias distintas. Por unha banda, procederase ao envío de equipos estándares (Kits de Acción Inmediata e Kits IEHK '06) desde a súa área loxística con sede en Paterna, Valencia, en coordinación coa Oficina de Acción Humanitaria da Axencia Española de Cooperación ao Desenvolvemento (AECID), co fin de garantir que os envíos se axusten ás necesidades do país receptor e estean no marco do dispositivo de coordinación de emerxencias do mesmo. Estes Kits foron deseñados seguindo o modelo da OMS para prestar unha axuda rápida e eficaz en situacións de emerxencia e permiten atender as necesidades da poboación durante 13 meses ou máis, adaptándose estritamente ás necesidades e patróns epidemiolóxicos do país de destino e da emerxencia concreta que se deba atender.

Así mesmo, FARMAMUNDI está a impulsar unha nova estratexia de resposta en emerxencia que busca aumentar e mellorar a súa acción na primeira fase dunha crise humanitaria. Para iso estase procedendo á dotación de Kits e stocks de medicamentos adecuados e suficientes de resposta en emerxencia directamente naqueles países onde FARMAMUNDI conta con presenza permanente.

Ano: 
2020
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Axentes: 
FARMACEUTICOS MUNDI
Código CRS: 
12220 - Atención sanitaria básica
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
72040 - Axuda alimentaria de emerxencia
Obxectivos: 

Realizar as actuacións que ambas as partes acorden, para atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humano, con especial énfase nos colectivos máis vulnerables, mediante a provisión inmediata de bens e servizos esenciais para a supervivencia (auga, abrigo, medicamentos, atención sanitaria ou outro material de primeira necesidade) e paliar o sufrimento das poboacións afectadas por crises de longa duración e desequilibrios crónicos e estruturais, con énfases en países e poboacións de menor Índice de Desenvolvemento Humano (IDH).

Resultados e actividades: 

En función das características de cada situación de emerxencia ou das crises humanitarias crónicas nas que se pretenda intervir, será acordada un tipo de resposta, dentro da tipoloxía que se detalla a continuación:

a) Envío de kits estándar de medicamentos (kits de Acción Inmediata, IEHK 2006 ou específicos para traumatología, cólera, obstetricia e pediatría) desde a súa Área Loxística con sede en Paterna, Valencia, en coordinación coa Oficina de Acción Humanitaria da Axencia Española de Cooperación ao Desenvolvemento (AECID), co fin de garantir que os envíos se axusten ás necesidades do país receptor e estean no marco do dispositivo de coordinación de emerxencias do mesmo. Estes kits para prestar unha axuda rápida e eficaz en situacións de emerxencia permiten atender as necesidades da poboación segundo o tipo de emerxencia, adaptándose estritamente ás necesidades e patróns epidemiolóxicos do país de destino e da emerxencia concreta que se deba atender.

b) Utilización dos kits e stocks de medicamentos de resposta en emerxencia situados directamente naqueles países onde FARMAMUNDI conta con presenza permanente, sempre que o socio local poida garantir a mobilización dos insumos e ademais estes sexan adecuados ás necesidades identificadas.

c)  Deseño e execución de accións orientadas á atención inmediata da poboación damnificada, naqueles casos en que FARMAMUNDI dispoña dun socio local estratéxico no lugar de intervención.

Neste marco contémplanse a articulación de clínicas móbiles, xornadas de saneamento ambiental, campañas de promoción e prevención da saúde, apoio psicolóxico e/ou acompañamento psico-social tras unha situación traumática, así como a distribución de artigos de primeira necesidade e/ou complementos nutricionais, como actividades principais, aínda que non excluíntes.

En calquera caso, todas as intervencións serán de mutuo acordo e previamente definidas entre as partes.

Poboación beneficiaria: 

A poboación beneficiaria está configurada por 9.462 personas e 350 forgares, relativa ás intervencións realizadas en Iraq, Gaza, Mozambique, Uganda, Líbano, Guatemala, Iemen e Honduras.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 78.997,95 € (2020): 50.000 € convenio orixinal ; 28.997,95 € addenda