Proxectos

Convenio de colaboración con UNICEF COMITÉ ESPAÑOL para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia

A menos dun ano do impacto do Furacán Matthew, agora Irma (o maior furacán formado no Atlántico) azoutou a Cuba por máis de 72 horas. O furacán cruzou o país durante o 8 e 9 de setembro ocasionando fortes ventos, choivas e inundacións costeiras. Máis de dous millóns de persoas foron protexidas durante o paso do furacán en centros de evacuación e casas particulares. A nivel nacional reportouse a perda de dez vidas humanas nos territorios da Habana, Matanzas, Camagüey e Cego de Ávila.

No ámbito Educativo as consecuencias do furacán foron importantes, polo que moitas institucións educativas deberon interromper o seu funcionamento, deixando a nenos e nenas sen acceso ao servizo educativo. Como consecuencia do impacto do furacán, fontes oficiais reportaron 2,262 escolas afectadas

UNICEF, a través de fondos propios e CERF (Fondo Central de Emerxencia) está a planificar a entrega de subministracións para a rehabilitación de teitos afectados por efecto do Furacán. Ademais, dotarase de material educativo para nenos e nenas de 0 a 12 anos (Kits de recreación, Kits de desenvolvemento infantil temperán, e materiais educativos para traballo na aula). Por medio desta proposta espérase apoiar a rehabilitación de portas e xanelas destruídas, achegando á integralidade da intervención, e permitindo que a poboación escolar afectada poida retornar con normalidade ás actividades educativas.

Ano: 
2017
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
CUBA
Zona de actuación: 
Villa Clara (provincia)
Axentes: 
UNICEF
Código CRS: 
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír ao cumprimento do dereito á Educación, asegurando o acceso a infraestruturas educativas seguras para as nenas e nenos que cursan a educación preescolar e escolar.

Obxectivo Específico: Dotar de subministracións ao Ministerio de Educación e Gobernos Locais para a reparación de portas e xanelas en 25 establecementos educativos afectados da provincia de Vila Clara.

Resultados e actividades: 

Resultado 1: Asegurar que máis de 5.000 nenas e nenos de 1 a 12 anos retornen ao servizo educativo, contando con infraestrutura educativa segura.

Actividade 1: Adquisición, importación e entrega de materiais de carpintería (portas e xanelas) para a rehabilitación de círculos educativos de educación pre escolar e escolas de educación primaria.

Actividade 2: Implementación de obras de rehabilitación a cargo do goberno, considerando o monitoreo de UNICEF e reporte das actividades realizadas.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 5.583 Nenas e nenos entre 1 e 12 anos dos 25 establecementos educativos pertencentes aos municipios máis afectados polo paso do Furacán Irma.

Axudas: 

81.477,00 €