Proxectos
Convenio de colaboración con UNICEF COMITÉ ESPAÑOL para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia - 2016
O presente acordo ten a finalidade de establecer o marco de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e UNICEF Comité Español para a execución de actuacións e proxectos en materia de acción humanitaria e de emerxencias en países con poboacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humano co fin de paliar o sufrimento das poboacións afectadas e de calquera outras accións que en beneficio destas poboacións se poidan impulsar.
Ano:
2016
Axentes:
UNICEF
Código CRS:
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
Axudas:
91.866,- euros