Proxectos

Convenio de colaboración entre a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento e as Comunidades Autónomas de Galicia, A Rioxa, Castela-A Mancha, Illas Baleares, Madrid e Estremadura para a programación conxunta en materia de Acción

O presente convenio ten por obxecto regular a colaboración das partes asinantes en materia de acción humanitaria e, de maneira específica, o establecemento das finalidades específicas da dita colaboración, así como os compromisos financeiros asumidos polas mesmas, para a consecución dos obxectivos do Convenio Marco de colaboración para a articulación, coordinación e complementariedade da cooperación descentralizada coa SGCID.
Para unha maior calidade e impacto das actuacións no ámbito da acción humanitaria e de emerxencia é precisa a máxima coordinación entre os axentes que a financian e levan a cabo. Neste sentido a través do presente convenio póñense as bases para unha articulación e planificación conxunta da acción humanitaria estatal e autonómica.
Para a coordinación das actuacións previstas neste convenio, existirá unha Comisión de Coordinación, integrada por dous representantes da AECID e dous representantes de cada Comunidade Autonómica. Ao ter a mesma carácter paritario, o voto dos dous representantes da AECID equivalerá ao cincuenta por cento do total, mentres que, pola súa parte, todos os votos dos representantes das Comunidades Autónomas equivalerán ao cincuenta por cento restante.
 

Ano: 
2015
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
Sen identificar
País: 
Sen especificar
Axentes: 
AECID - AXENCIA ESPAÑOLA DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL AO DESENVOLVEMENTO
COMUNIDADE AUTÓNOMA DE A RIOXA
COMUNIDADE AUTÓNOMA DE CASTELA-A MANCHA
COMUNIDADE AUTÓNOMA DE ILLES BALEARS
COMUNIDADE AUTÓNOMA DE MADRID
COMUNIDADE AUTÓNOMA DE ESTREMADURA
Código CRS: 
998 - Sen asignar / Sen especificar
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Regular a colaboración da AECID e as comunidades autónomas de Galicia, A Rioxa, Castela-A Mancha, Illas Baleares, Madrid e Estremadura en materia de acción humanitaria

Resultados e actividades: 

Liñas principais de intervención

  1. Os aportes das partes destinaranse a financiar a actuación de organismos multilaterais especializados en acción humanitaria para intervencións en crises, de acordo cos criterios de necesidade, pertinencia das accións propostas, capacidade de intervención (acceso) das axencias operadoras beneficiarias e nivel de cobertura financieira dos programas previstos para atender a estas crises (sub-financiación). As intervencións elixíbeis virán establecidas polos chamamentos humanitarios internacionais emitidos polas Nacións Unidas e o Movemento Internacional da Cruz Vermella, especialmente centrados nos sectores seguintes: Protección, Atención Sanitaria, Auga e Saneamento e Seguridade Alimentaria.
  2. Así mesmo, ditos aportes poderán destinarse igualmente a financiar a actuación de organismos multilaterais especializados para intervencións de emerxencia de acordo cos criterios de necesidade, pertinencia das accións propostas, capacidade de intervención (acceso) das axencias operadoras beneficiarias que virán establecidas polos chamamentos antes citados e nos sectores previamente enunciados.
Axudas: 

150.000,00 €; 50.000,00 € (2015), 50.000,00 € (2016) e 50.000,00 € (2017)