Proxectos

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e as tres Universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o proxecto de fortalecemento da Rede Galega de Cooperación Universita

O proxecto ten por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e as tres universidades galegas no proxecto de fortalecemento da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento. A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), actúa como instrumento común de dinamización das accións de CUD e EpD, fomentando a participación e formando ás comunidades educativas, xerando espazos e ferramentas para o intercambio de experiencias, e recompilando as experiencias e capacidades existentes para facilitar tanto a súa visibilización, como para favorecer sinerxías en novas oportunidades de traballo.

Ano: 
2016
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
UNIVERSIDADE DE VIGO
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Mellorada a posición do Sistema Universitario de Galicia (SUG) como axente de cooperación ao desenvolvemento.
Obxectivo específico: Fortalecidas as capacidades da comunidade universitaria galega para pór en marcha actuacións en materia de cooperación universitaria ao desenvolvemento e educación para o desenvolvemento.
 

Resultados e actividades: 

Resultados e Actividades
Resultado 1.1 Consolidado o plan de formación conxunto para as tres universidades galegas en materia de cooperación para o desenvolvemento, facendo fincapé nas formacións específicas para a obtención de financiamento externo.
A.1.1.1: Realización dunha formación sobre deseño e xestión de proxectos de CUD e EPD.
A.1.1.2: Realización dunha formación sobre o papel do persoal PAS nas accións CUD e EPD.
A.1.1.3: Realización de obradoiros de elaboración de propostas para a obtención de financiamento para accións CUD e EPD.
A.1.1.4: Realización dun obradoiro de Aprendizaxe-Servizo (ApS) vinculado á Cooperación e Educación para o Desenvolvemento.
Resultado 1.2. Fomentada a investigación para o desenvolvemento entre a comunidade universitaria cunha visión a medio prazo ao traballar non só con PDI, senón tamén co estudantado dos últimos cursos de Grao e Máster.
A.1.2.1: Realización de obradoiros de cooperación ao desenvolvemento para o alumnado matriculado no TFG e TFM, como achegamento á Investigación ao Desenvolvemento.
A.1.2.2: Acompañamento ao alumnado que realiza o seu TFG ou TFM en materia de cooperación ao desenvolvemento.
A.1.2.3: Ampliación do traballo de detección de actividades e persoas relacionadas coa CUD nas tres universidades galegas para a súa inclusión na base de datos da RGCUD.

Resultado 3: Mellorada a oferta académica galega a nivel de posgrao como aposta pola formación de profesionais universitarias e universitarios no eido da cooperación para o desenvolvemento.
A.1.3.1: Realización de tres cursos de Formación Continua (ou figura recoñecida equivalente na Universidade)
A.1.3.2: Análise das posibilidades reais de por en marcha un mestrado interuniversitario no SUG no eido da cooperación ao desenvolvemento.
Resultado 4: Debatido o papel das universidades no sistema galego de cooperación, facendo fincapé na súa relación cos outros axentes de cooperación e a identificación dos espazos máis acaídos para a súa implicación en proxectos de cooperación.
A.1.4.1: Realización dunha xornada de debate sobre o papel das universidades no Sistema Galego de Cooperación ao Desenvolvemento.
 

Axudas: 

100.000,00€ (2016: 60.000,00€; 2017: 40.000,00€).