Proxectos

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o proxecto de Fortalecemento da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento 2018-2019

A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) actúa como instrumento común de dinamización das accións de cooperación universitaria para o desenvolvemento, fomentando a investigación e formando ás comunidades educativas, xerando espazos e ferramentas para o intercambio de experiencias, e recompilando as experiencias e capacidades existentes para facilitar tanto a súa visibilización, como para favorecer sinerxías en novas oportunidades de traballo. Concretamente no marco deste convenio traballarase para fortalecer o Sistema Universitario Galego (SUG) como axente de cooperación para o desenvolvemento implicado na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), mellorando as capacidades da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) para liderar a aprobación dunha estratexia común para a implementación da Axenda 2030 nas tres universidades galegas.

Ano: 
2018
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
UNIVERSIDADE DE VIGO
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Fortalecido o Sistema Universitario Galego (SUG) como axente de cooperación para o desenvolvemento implicado na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Obxectivo específico: Melloradas as capacidades da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) para liderar a aprobación dunha estratexia común para a implementación da Axenda 2030 nas tres universidades galegas.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Fortalecida a capacidade da RGCUD para dinamizar e fomentar as actuacións de  cooperación universitaria ao desenvolvemento (CUD) e de cumprimento dos ODS entre a comunidade universitaria do SUG.

A1.1.1: Campaña de difusión e captación de PDI e outros membros da comunidade universitaria do SUG para a súa adhesión á RGCUD.

A1.1.2: Actualización da web da RGCUD coas novas incorporacións de persoas, contidos etc.

A.1.1.3: Organización de almorzos de traballo con produtos de comercio xusto para achegar a RGCUD ao PDI e outros membros da comunidade universitaria interesados e difundir a Axenda 2030.

A.1.1.4: Creación de grupos de innovación educativa interuniversitarios para promocionar a transversalización dos ODS no SUG mediante a práctica educativa: recursos, metodoloxías, etc.

A.1 .1.5: Realización dun encontro entre as universidades galegas e outras universidades a nivel estatal e internacional para o intercambio de experiencias e boas prácticas en materia de ODS.

Resultado 1.2: Implementado un plan de formación conxunto enfocado a fortalecer os coñecementos sobre cooperación para o desenvolvemento e ODS nas tres universidades, así como os mecanismos para por en práctica actuacións CUD no marco da Axenda 2030. A1.2.1: Realización de obradoiros de cooperación ao desenvolvemento para o alumnado matriculado no TFG e TFM, como achegamento á Investigación ao Desenvolvemento.

A.1.2.1: Realizar unha formación específica en formato obradoiro sobre ODS e Axenda 2030 en cada unha das tres universidades galegas para PDI e PAS.

A.1.2.2: Realizar dúas novas edicións do curso de especialización de posgrao sobre cooperación e educación ao desenvolvemento, alternando cada ano nunha universidade, comezando no 2018 na UDC e no 2019 na USC.

A.1.2.3: Realización de obradoiros de cooperación e educación ao desenvolvemento para o alumnado matriculado no TFG-TFM e o PDI titor/a, como achegamento á Investigación ao Desenvolvemento no marco da Axenda 2030.

A.1.2.4: Acompañamento ao profesorado titor de TFG-TFM relacionados cos ODS e a implementación da Axenda 2030.

A.1.2.5: Realizar unha formación específica sobre ODS e Axenda 2030 en cada unha das tres universidades galegas para o alumnado universitario e aberta ao público en xeral.

Resultado 1.3: Elaborada e aprobada unha estratexia universitaria para a implementación da Axenda 2030 a prol do cumprimento dos ODS nas universidades do SUG (2019).

A.1.3.1: Contratación dunha asesoría técnica para o deseño e elaboración da estratexia conxunta das universidades do SUG para a implementación da Axenda 2030.

A.1.3.2: Constitución dunha comisión estratéxica mixta con representantes das tres universidades do SUG para o liderado e seguimento dos traballos de elaboración da estratexia.

A.1.3.3: Desenvolvemento do proceso para a planificación estratéxica con participación de representantes das tres universidades do SUG.

A.1.3.4: Aprobación da estratexia universitaria para a implantación da Axenda 2030 a prol do cumprimento dos ODS nas universidades do SUG por parte dos órganos correspondentes de cada universidade.

A.1.3.5: Constitución dunha comisión mixta de seguimento da execución da estratexia.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 82.577,00 € (42.570,00 no ano 2018 e 40.007,00 no ano 2019)