Convenio de colaboración para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia
O presente convenio ten a finalidade de establecer o marco de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e a entidade Fundación UNICEF Comité Español para a execución de actuacións e proxectos en materia de acción humanitaria e de emerxencia, en países con poboacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humano, co fin de paliar o sufrimento das poboacións afectadas e de calquera outras accións que en beneficios destas poboacións póidanse impulsar.
UNICEF
Realizar as actuacións que ambas as partes acorden tendentes a atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas por catástrofes e crises humanitarias de orixe natural ou humano, con especial énfase nos colectivos máis vulnerables, mediante a provisión inmediata de bens e servizos esenciais para a supervivencia (auga, abrigo, medicamentos, atención sanitaria e/o outro material de primeira necesidade) e paliar o sufrimento das poboacións afectadas por crises de longa duración e desequilibrios crónicos e estruturais, con énfases en países e poboacións de menor índice de Desenvolvemento Humano (IDH).
Obxectivo xeral: Contribuír no cumprimento do dereito á supervivencia e desenvolvemento da poboación afectada polo terremoto en Siria asegurando o acceso a subministracións esenciais de emerxencia.
Obxectivo específico: Previr enfermidades transmisibles pola auga a través do acceso a auga, saneamento e hixiene adecuados ademais de cubrir as necesidades básicas de nutrición entre a poboación afectada polo terremoto en Siria
A través do presente convenio de colaboración, realizáronse as seguintes actividades:
A.1.1. Provisión, subministración e mantemento de auga potable e de auga para usos domésticos con medidas de racionamento
A.1.2. Distribución kits de auga potable, saneamento e hixiene
A.1.3. Provisión, distribución e mantemento de subministracións para xestión de residuos e saneamento, por exemplo letrinas para eliminar as excretas
A.1.4. Adquisición e subministracións nutricionais, como galletas de alto contido enerxético e suplementos de micronutrientes para os nenos e nenas, así como para as nais embarazadas e lactantes; promover a lactación materna e as prácticas de alimentación de lactantes e nenos pequenos
Estímase chegar a 8.910 beneficiarios directos (entre os que se atopan nenos, nenas, familias e mulleres embarazadas e lactantes), así como a 10.000 beneficiarios indirectos.
Axuda Xunta de Galicia: 50.000 €