Convenio de colaboración para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia
A intervención contribúe á resposta ás necesidades humanitarias urxentes en Gaza e Líbano, centrándose en proporcionar axuda de emerxencia e subministracións esenciais de saúde á poboación afectada. Na Franxa de Gaza, a axuda está especialmente dirixida aos nenos e nenas afectados polo aumento da violencia, beneficiando tamén ás familias e os conxuntos de poboación afectadas por violencia, desprazamento e a deterioración do acceso a servizos básicos.
En Líbano a intervención céntrase en cubrir a necesidades inmediatas das familias desprazadas dentro dos refuxios colectivos/centros de tránsito para satisfacer as súas necesidades urxentes en materia de nutrición, auga, saneamento e hixiene, así como garantir a súa dignidade e seguridade en condicións de vida temporais ou inestables. Para iso, UNICEF distribuirá auga potable en tanques, kits de auga e hixiene familiares e outras subministracións de nutrición e hixiene.
Xeral: Contribuír no cumprimento do dereito á supervivencia e desenvolvemento da infancia afectada por mor da escalada da violencia asegurando o acceso a subministracións esenciais de saúde en emerxencia.
Específico:
1. Intervención en Territorios Palestinos: Mellorar a atención médica nos hospitais ou centros de saúde, e outros lugares de refuxio habilitados para as familias mediante a adquisición e distribución de subministracións esenciais para a atención sanitaria esencial necesaria das nenas, nenos e familias afectados polo conflito.
2. Intervención en Líbano: Previr enfermidades transmisibles pola auga a través do acceso a auga, saneamento e hixiene adecuados así como cubrir as necesidades básicas de hixiene e nutrición das nenas, os nenos e as súas familias
RE 1.1 Distribuídos subministracións humanitarias esenciais de saúde nos hospitais, centros de atención fixos ou móbiles e outros lugares de refuxio para atender á poboación afectada polo conflito.
A.1.1.1 Adquisición de subministracións sanitarias básicas de emerxencia necesarios para responder as necesidades inmediatas da poboación máis afectada.
A.1.1.2 Distribución de subministracións sanitarias básicas de emerxencia a centros de atención médica ou zonas de desprazados na franxa de Gaza.
RE 2.1 Distribuídos as subministracións humanitarias esenciais de WASH (auga, saneamento e hixiene) nos lugares de refuxio para atender á poboación afectada polo conflito.
A.2.1.1 Adquisición e distribución de subministracións para ou mantemento de auga potable e para usos domésticos con medidas de racionamento.
A.2.1.2 Adquisición e distribución de kits de auga potable, saneamento e hixiene de emerxencia.
RE 2.2 Distribuídos as subministracións esenciais de nutrición e hixiene para as familias e bebés nos lugares de refuxio para atender á poboación afectada polo conflito.
A.2.2.1 Adquisición e distribución de subministracións para o tratamento da desnutrición, incluíndo alimentación terapéutica (RUTF e leites terapeuticas-F75 e F100 etc.)
A.2.2.2 Adquisición e distribución de tarros de alimentación complementaria para bebés.
A.2.2.3 Adquisición e distribución de kits para bebés.
Axuda Xunta de Galicia:
100.000 € (50.000 €; adenda 50.000 €)