Proxectos

Convenio de colaboración para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia

A intervención contribúe á resposta ás necesidades humanitarias urxentes en Gaza e Líbano, centrando a súa axuda en proporcionar asistencia de emerxencia e subministracións esenciais de saúde á poboación afectada. Na Faixa de Gaza, a axuda está especialmente dirixida aos nenos e nenas afectados polo aumento da violencia, beneficiando tamén ás familias e os conxuntos de poboación afectados pola violencia, o desprazamento e o deterioro no acceso aos servizos básicos.

En Líbano, a intervención céntrase en cubrir as necesidades inmediatas das familias desprazadas dentro dos refuxios colectivos/centros de tránsito para satisfacer as súas necesidades urxentes en materia de nutrición, auga, saneamento e hixiene, así como garantir a súa dignidade e seguridade en condicións de vida temporais ou inestables. Para iso, UNICEF distribuirá auga potable en tanques, kits de auga e hixiene familiares e outros subministracións de nutrición e hixiene.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convenio
País: 
TERRITORIOS PALESTINOS
Zona de actuación: 
Santa Fe (municipio)
Axentes: 
UNICEF
Contraparte: 

ADASBA en Honduras e Save the Children e ACNUR en Palestina

Código CRS: 
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
Obxectivos: 

Xeral:

OX Honduras. Garantir o acceso de nenos, nenas e adolescentes migrantes a servizos de educación en situación de emerxencias para contribuír ao seu desenvolvemento e á xeración de oportunidades para a vida.

OX Palestina. Garantir os dereitos humanos das nenas e nenos afectados polo conflito armado na Faixa de Gaza, especialmente o dereito á saúde e á supervivencia.

Específico:

OE Honduras. Contribuír á recuperación da educación das nenas, nenos e adolescentes migrantes utilizando novas ferramentas de aprendizaxe.

OE Palestina. Mellorar o estado nutricional de nenas e nenos menores de 5 anos e de nais en estado de xestación ou lactación na Faixa de Gaza.

Resultados e actividades: 

RE 1 Honduras. Mellorado o acceso á educación e a servizos de atención psicoemocional das nenas, nenos e adolescentes.

A.1.1. Instalación de dous espazos seguros e amigables de aprendizaxe para nenos, nenas e adolescentes en mobilidade humana que transitán por Honduras, con servizos de apoio e recuperación psicoemocional para nenos, nenas, adolescentes e familias migrantes en extrema vulnerabilidade.

A.1.2. Adquisición e distribución de kits educativos de emerxencia e de recuperación psicoemocional a nenos, nenas, adolescentes e familias migrantes en extrema vulnerabilidade.

A.1.3. Incorporación do Pasaporte de Aprendizaxe para ampliar o uso de ferramentas virtuais que promoven unha resposta educativa para nenos, nenas e adolescentes en situación de mobilidade.

RE 1 Palestina. As nenas, nenos e mulleres embarazadas e lactantes, identificados con desnutrición ou deficiencia de micronutrientes, reciben o tratamento adecuado.

A.1.1. Identificación de nenas e nenos menores de 5 anos con desnutrición aguda e crónica e mulleres embarazadas ou en período de lactación con desnutrición.

A.1.2. Tratamento dos casos diagnosticados como deficiencia de micronutrientes entre as nenas e nenos menores de 5 anos e as mulleres embarazadas ou en período de lactación.

A.1.3. Tratamento dos casos de nenos e nenas menores de 5 anos con desnutrición aguda e crónica e mulleres embarazadas e en período de lactación con desnutrición aguda.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 5300 (2650 nenas e 2650 nenos)

Indirecta: sen especificar

Avaliación: 
non prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 80.000 € (50.000 €; adenda 30.000 €)