Convenio de colaboración para dar resposta á emerxencia de ébola en Serra Leona. Fase III Ano: 2014
Actualmente estase a producir a maior epidemia de ébola (EVD) desde o descubrimento da enfermidade en 1976. Afecta a 4 países por agora (Guinea Conakry, Liberia, Serra Leona e Nixeria). En maio de 2014, o goberno de Serra Leona declarou a epidemia de ébola e en xullo o estado de emerxencia, co que puxo en marcha un paquete de medidas especiais que incluíu a implicación das forzas de seguridade e a restrición e control de movementos.
Médicos do Mundo leva traballando no distrito de Koinadugu desde hai máis de 10 anos no ámbito da atención sanitaria, incluída a atención e prevención de epidemias como o Ébola; sendo a ONGD de referencia en saúde no Distrito.
A progresión da epidemia está na súa fase ascendente, a previsión é que sigan aumentando os casos.
Obxectivo Xeral:
Contribuír ao control da epidemia de ébola no Distrito de Koinadugu, en Serra Leona.
Obxectivo Específico:
Mellorar a capacidade de resposta do servizo distrital de saúde a través da adecuada aplicación do plan nacional de actuación fronte ao ébola e do desenvolvemento dunha estratexia de educación para a saúde. Fase III.
Resultados:
Resultado 1: Fortalecida a capacidade de resposta do servizo distrital de saúde de Koinadugu para a adecuada aplicación do plan nacional de loita contra o ébola.
Actividades
A1.1 Apoio técnico e loxístico ao DHMT para un adecuado seguimento epidemiolóxico.
A1.2 Apoio técnico ao DMO na coordinación do cluster de ONG da área de saúde.
A1.3 Reforzo da formación do persoal sanitario e auxiliar a cargo da unidade de illamento.
A1.4 Reforzo da formación do persoal sanitario e auxiliar dos centros de atención primaria de 6 Chiefdoms do Distrito de Koinadugu.
A1.5 Apoio loxístico para a adecuada aplicación do protocolo nacional de medidas hixiénico-preventivas.
Resultado 2: Fortalecida a capacidade de resposta da poboación fronte ao ébola a través da ampliación de información sobre as vías de transmisión da enfermidade e medidas de prevención.
Actividades
A2.1 Recollida e análise de información sobre prácticas culturais que poidan influír negativamente na propagación da epidemia.
A2.2 Mapeo dos líderes comunitarios, relixiosos, curandeiros, representantes da sociedade civil, asociacións e ONG, así como da intervención que están a realizar
A2.3 Creación e co-coordinación xunto co DHMT do comité de mobilización social e de educación para a saúde.
A2.4 Formación do persoal das ONG, asociacións, líderes comunitarios e relixiosos, representantes da sociedade civil e curandeiros sobre como traballar mobilización social e educación para a saúde en relación co ébola.
A2.5 Deseño dun plan conxunto para o comité de mobilización social e educación para a saúde.
A2.6 Desenvolvemento dunha campaña de mobilización social e educación para a saúde en Kabala e en 6 Chiefdoms do distrito de Koinadugu a través dun equipo de 6 Traballadores comunitarios de saúde CDO.
Traballarase cun total de 132.0759 persoas en 6 chiefdoms (Wara wara Yagala, Folosaba Dembelia, Sulima, Sinkunia, Kasunku, Sengbe) dos11 do Distrito que son os máis cercanos ao paso trasfronterizo entre Guinea e Serra Leona e é ademáis toda a zona de influencia da carretera que comunica Kabala con Makeni e con Freetown.
50.000 € (2014)