Convenio entre a Cooperación Descentralizada e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria.
Trátase do segundo convenio asinado entre a Cooperación Descentralizada e a AECID para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria, con data 10 de novembro de 2023. Este convenio permite, por unha banda, o establecemento dunha relación de coordinación constante entre a Oficina de Acción Humanitaria (OAH) da AECID e as Comunidades Autónomas participantes, e por outra, o financiamento conxunto das intervencións que se seleccionen. No marco do devandito convenio, a AECID adquire o compromiso de destinar anualmente entre 1.500.000,00 € e 2.500.000,00 € e cada unha das CCAA un importe anual comprendido entre 75.000,00 € e 150.000,00 €. A FEMP achegará un importe entre 5.000,00 € e 150.000,00 € anuais.
O período de vixencia é de 4 anos contados a partir da sinatura do Convenio e da súa inscrición no Rexistro Electrónico Estatal de Órganos e Instrumentos de Cooperación do sector público estatal.
defínense por intervención
defínense por intervención
defínese por intervención
Axuda Xunta de Galicia: 100.000,00 € (2023, 2024, 2025 e 2026)