Proxectos

COOPERACIÓN DA UDC CON TIMOR LESTE PARA O FORTALECEMENTO E DESENVOLVEMENTO INSTITUCIONAL DA UNTL-CNIC, IMPLEMENTACIÓN DE NOVOS CURRÍCULOS ACADÉMICOS E REALIZACIÓNS DE INVESTIGACIÓNS CONXUNTAS SOBRE PROBLEMAS SOCIA

OBXECTIVOS

Favorecer o desenvolvemento social da República Democrática de Timor Leste. Contribuír a subsanar a carencia de persoal científico social nas institucións científicas de Timor Leste. Apoio, mediante fornecemento de medios materiais e dixitais, ao CNIC no ámeto de fortificar a súa identidade institucional. Proporcionar coñecemento experto, materializado nun estudo técnico-científico que permite o deseño axeitado e eficaz de políticas de igualdade de xénero e sobre a problemática derivada do hipercrecemento dos arrabais da capital.

ACCIÓNS

- Realización dun curso de postgrao en Antropoloxía Aplicada e Métodos e Técnicas Avanzadas de Investigación de Campo, dirixido a persoal titulado medio e superior
- Realización dun seminario especializado de formación e capacitación en xénero e políticas de xénero e análise cultural de problemas, aplicado a dinámicas de interacción transcultural, para funcionariado público
- Realización dun curso especializado sobre antropoloxía aplicada a métodos e técnicas avanzadas de investigación de campo; xénero e políticas de xénero
- Adquisición e entrega de material bibliográfico das áreas de ciencias sociais
- Facilitar o acceso aos fondos dixitais de publicacións científicas internacionais e colección de ditos fondos mediante a gravación de CD-R e impresión en papel
- Produción de coñecemento experto sobre a problemática das mulleres de Dili, especialmente en relación co violento cambio social experimentado na última década e o deterioro da situación social da muller
- Produción de coñecemento experto sobre a problemática derivada do hipercrecemento dos arrabais de Dili
- Produción de coñecemento científico sobre a problemática relacionada ca marxinalidade na cidade de Dili
- Produción de coñecemento experto sobre o problema do desemprego e da economía sumerxida na cidade de Dili
- Identificación, formulación e deseño de proxectos de estudo para analizar problemas sociais en campos estratéxicos, segundo orientacións dadas ao CNIC polas diferentes administracións públicas

POBOACIÓN BENEFICIARIA

- Directa: 120 persoas (persoas con titulación media e superiores, académicas, funcionariado público e axentes sociais e líderes comunitarias)
- Indirecta: O estudantado da UNTL, os Ministerios de Administración Pública, Agricultura e Medio Ambiente, Saúde, Cultura, Educación, Servizos Sociais e Cooperación, as comunidades de procedencia, os axentes e líderes sociais, institucións públicas, organizacións non gobernamentais e entidades da cooperación internacional en xeral.

Ano: 
2006
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
Asia
País: 
MALAISIA
Zona de actuación: 
Dili
Axentes: 
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Código CRS: 
11182 - Investigación educativa
Axudas: 

40.276,00 EUROS