Proxectos

Cooperación Galega: O mundo que queremos

Cooperación Galega; o mundo que queremos é unha iniciativa dirixida a 5 centros de Educación Secundaria (500 alumno/as e 15 profesores/as), seleccionados entre aqueles que soliciten a presente proposta no marco do Plan Proxecta. Co profesorado e alumnado destinatario, afondarase nas desigualdade sociais existentes e as causas que as perpetúan con especial atención a realidade dos países empobrecidos nos que traballa a cooperación galega. Os ODS serán a temática condutora da proposta e a comunicación comunitaria a ferramenta metodolóxica e elemento vertebrador das accións a desenvolver.

Nesta nova edición de “O mundo que queremos”, súmase á proposta unha nova iniciativa que permitirá ao proxecto a implicación directa nunha experiencia concreta de cooperación internacional con Cuba.

Ano: 
2015
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
ESPAÑA
CUBA
Zona de actuación: 
La Habana (provincia)
Galicia
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
ASOCIACION GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS (AGARESO)
FUNDACIÓN EDUCACIÓN E COOPERACIÓN - EDUCO
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Fomentar a construción dunha cidadanía global con identidade transformadora entre a adolescencia galega e a cubana.
Obxectivo específico 1: Fomento dunha adolescencia galega consciente da interconexión entre realidades locais e dinámicas globais e apoio no exercicio da súa corresponsabilidade na construción da xustiza social.
Obxectivo específico 2: Apoio á estratexia de desenvolvemento integral de adolescentes no centro histórico da Habana a través do intercambio de experiencias.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1. Deseñado, xestionado e executado un plan de coordinación e comunicación.
A.1.1.1: Xestión e coordinación dos requirimentos da fase inicial e das memorias dos centros para a participación no marco do Plan proxecta.
Resultado 1.2. Facilitados coñecementos e ferramentas precisas ao profesorado implicado para a incorporación do discurso da EpD na súa aula ao longo do curso 2015-2016.
A.1.2.1: Coordinación e acompañamento aos 5 centros educativos.
A.1.2.2: Encontro inicial do profesorado galego e as organizacións.
Resultado 1.3. Creados 5 proxectos educomunicativos e de denuncia en torno aos ODS e protagonizado polo alumnado.
A.1.3.1: Obradoiro de introdución a conceptos clave; ODS, cooperación internacional e comunicación comunitaria.
A.1.3.2: Obradoiros de fotografía e podcasting.
A.1.3.3: Teatro- foro sobre xénero e migracións.
A.1.3.4: Encontro e intercambio de experiencias con colectivos do sur.
Resultado 1.4. Xerados espazos de intercambio e coñecemento mutuo entre os axentes participantes no proxecto.
A.1.4.1: Deseño e implementación dun plan de comunicación.
A.1.4.2: Encontro protagonizado polos 5 centros participantes.
Resultado 1.5. Xestionados os coñecementos sobre a experiencia da intervención de cara á aprendizaxe colectiva
A.1.5.1: Avaliación continua e comparativa de todo o proceso de execución do proxecto.
Resultado 2.1. Favorecidos intercambios de apoio e experiencias na aprendizaxe do traballo coa poboación adolescente (Cuba - Galicia)
A.2.1.1: Talleres de formación de especialistas e adolescentes cubanos e realización de encontro intertalleres.
A.2.1.2: Realización dun obradoiro de boas prácticas no traballo con adolescentes na Habana, con participación de expertas galegas.
A.2.1.3: Publicacións e xornada de presentación dos traballos por e para adolescentes.

Poboación beneficiaria: 

Directa: o proxecto destinarase a un total de 100 alumnos por centro preferiblemente dos primeiros dos cursos da ESO. Isto suma un total de 500 alumno/as que, segundo as porcentaxes de homes e mulleres habitual nas aulas galegas, se dividirían en 240 rapaces e 260 rapazas.
Así mesmo, contémplase o traballo directo co profesorado dos centros, e segundo establecen as bases do Plan Proxecta inclúe un mínimo de 3 profesores por centro. Isto suma un total de 15 destinatarios directos neste grupo que, segundo a proporción habitual en centro galegos (40%homes e 60%mulleres), dividimos en 9 mulleres e 6 homes.
Indirecta: Neste apartado consideraremos dous grupos de destinatarios indirectos; un vinculado o efecto multiplicador do/as alumnos entre membros da súa familia para o cal tomamos coma referencia un mínimo de dous persoas (un home e unha muller), que terán acceso á información xerada no proxecto a través da testemuña dos destinatarios directos. Calcúlase pois un total de 1000 persoas que dividimos a partes iguais entre os dous sexos.
Un segundo grupo de destinatarios indirectos virá da man do profesorado implicado no proxecto que, agardamos difunda á iniciativa entre, a lo menos o/as membros do claustro do centro.
Considerando que un centro de ensino conta cunha media de 50 persoas por claustro (tomando como referencia un centro educativos nunha localidade de 40.000 habitantes galega), serán destinatarios indirectos neste grupo un total de 250 profesores/as dos cales, e atendendo a distribución sinalada no profesorado directamente implicado, 100 serán homes e 150 mulleres.

Axudas: 

85.443,96 € (2015: 30.961,00 €; 2016: 54.482,96 €)