Proxectos

Cooperación galega; o mundo que queremos 2013

O presente proxecto conta con dúas características diferenciais que condicionan cada unha das fases e elementos que o compoñen. Dunha banda, o feito de ir destinado a incorporarse no Plan Proxecta da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e doutra o feito de aspirar a ser un proxecto colectivo e participado polo maior número posible de entidades galegas con experiencia no eido da EpD e do que ata o momento da formulación se teñen sumado 15. Ambos feitos inciden directamente no obxecto, contidos e metodoloxía do mesmo. É unha iniciativa dirixida a 5 centros de Educación Secundaria (500 alumno/as e 15 profesores/as), seleccionados entre aqueles que soliciten a presente proposta no marco do Plan Proxecta. Co profesorado e o alumnado destinatario, afóndase nas desigualdade sociais existentes e as causas que as perpetúan, con especial atención á realidade dos países empobrecidos nos que traballa a cooperación galega. Os ODM é a temática condutora da proposta e a comunicación comunitaria a ferramenta metodolóxica e elemento vertebrador das accións a desenvolver.

Ano: 
2013
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
FUNDACIÓN PRIVADA INTERVIDA
MUNDO COOPERANTE
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Fomento da Educación para o Desenvolvemento, a solidariedade e a loita contra a pobreza nos centros educativos galegos.
Obxectivo Específico: Fomento dun alumnado galego consciente da interconexión entre realidades locais e dinámicas globais e apoio no exercicio da súa corresponsabilidade na construcción da xustiza social.
 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Facilitados coñecementos e habilidades ao profesorado implicado para a incorporación da EpD no centro de ensino.
Actividades:
A.1.1.1: Deseño e coordinación da proposta formativa.
A.1.1.2: Implementación da formación ao profesorado.

Resultado 1.2: Creado un proxecto educo-municativo e de carácter artístico en torno aos ODM e protagonizado polo alumnado.

Actividades:
A.1.2.1: Coordinación e acompañamento aos 5 centros educativos.
A.1.2.2: Elaboración e distribución do catálogo de recursos pedagóxicos sobre os ODM.
A.1.2.3: Obradoiro de introdución a conceptos clave: ODM, cooperación internacional e comunicación comunitaria.
A.1.2.4: Obradoiros de fotografía e podcasting.
A.1.2.5: Teatro-foro sobre xénero e migracións.
A.1.2.6: Encontro con colectivos do sur.

Resultado 1.3: Xerados espazos de encontro virtual e presencial entre os axentes participantes.
Actividades:
A.1.3.1: Crear e dinamizar un espazo virtual para o intercambio de produtos educo-municativos.
A.1.3.2: Encontro protagonizado polos 5 centros participantes e o colectivo do sur.

Resultado 1.4: Xestionados os coñecementos sobre a experiencia da intervención de cara á aprendizaxe colectiva.
Actividades:
A.1.4.1: Diagnose mixta.
A.1.4.2: Avaliación mixta final.
 

Poboación beneficiaria: 

Directa: 515 ( 269 mulleres)
Indirecta: 1250
 

Axudas: 

39.955,00 (2013: 15.982,00 ; 2014: 23.973,00)