Cooperación Galega: o mundo que queremos 2016
O presente proxecto constitúese como a IV edición dunha iniciativa que conta con dúas características diferenciais que condicionan cada unha das fases e elementos que o compoñen; dunha banda, o feito de formar parte do Plan Proxecta da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e doutra ,o feito de aspirar a ser un proxecto colectivo e participado polo maior número posible de entidades e colectivos galegos con experiencia no campo da EpD das que, no momento da presente formulación xa forman parte 7 entidades. Ambos os feitos inciden directamente no obxecto, contidos e metodoloxía do mesmo. Así pois , Cooperación Galega; o mundo que queremos é unha iniciativa dirixida a 800 alumnos e alumnas dos centros de ensino galegos xunto ao seu profesorado, seleccionados entre aqueles que soliciten a presente proposta no marco do Plan Proxecta. Co profesorado e alumnado destinatario, profundizarase nas desigualdades sociais existentes e as causas que as perpetúan con especial atención a realidade dos países empobrecidos nos que traballa a cooperación galega.
Obxectivo xeral: Fomento dunha adolescencia galega consciente da interconexión entre realidades locais e dinámicas globais e apoio no exercicio da súa corresponsabilidade na construción da xustiza social.
Obxectivo específico: Contribuír ao fomento dunha adolescencia galega consciente da interconexión entre realidades locais e dinámicas globais e apoio no exercicio da súa corresponsabilidade na construción da xustiza social.
Resultados e Actividades.
Resultado 1: Deseñado, xestionado e executado o plan de coordinación e comunicación entre as ONGDs consorciadas, A subdirección xeral de cooperación exterior e a Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria do Plan Proxecta 2016/2017
Actividade 1.1.1: Xestión e coordinación dos requirimentos da fase inicial e final (memorias) para a participación dentro do Plan Proxecta.
Actividade 1.1.2: Xestión e coordinación interna das ONGD e entidades participantes.
Resultado 2: Facilitados os coñecementos e as ferramentas precisas ao profesorado implicado para a incorporación do discurso da EpD na súa aula, ao longo do curso 2016-2017.
Actividade 2.1.1: Coordinación e acompañamento aos centros educativos.
Actividade 2.1.2: Encontro inicial profesorado e organizacións.
Actividade 2.1.3: Elaboración de materiais de acompañamento ao profesorado.
Resultado 3: Facilitados discursos e ferramentas ao alumnado participante para favorecer vías de denuncia sobre as súas realidades.
Actividade 3.1.1: Taller de introdución a conceptos crave, ODS, Cooperación internacional e comunicación comunitaria.
Actividade 3.1.2: Talleres de fotografía e podcasting.
Actividade 3.1.3:Teatro foro sobre xénero e migracións.
Actividade 3.1.4: Encontro con colectivos do Sur.
Resultado 4: Ampliada a capacidade de sensibilización do proxecto a través dunha estratexia de comunicación integral.
Actividade 4.1.1: Elaboración dunha estratexia específica de comunicación para o proxecto
Actividade 4.1.2: Promoción da participación do alumnado, ou profesorado e os monitores do proxecto no blogue do proxecto.
Actividade 4.1.3: Aumento da participación nas redes sociais propias da franxa de idade do noso alumnado.
Actividade 4.1.4: Campaña de difusión nos medios de comunicación tradicionais
Descrición (que, como e onde).
Actvidad 4.1.5: Presentación pública do proxecto cara á comunidade educativa por cada centro participante.
Actividade 4.1.6: Divulgación externa do proxecto como experiencia educativa significativa.
Resultado 5: Xestionados os coñecementos sobre experiencia da intervención de fronte á aprendizaxe colectiva.
Actividade 5.1.1: Avaliación e comparativa de todo o proceso de execución do proxecto do mundo que queremos no curso 2016/2017.
Actividade 5.1.2: Elaboración ferramentas específicas de avaliación por taller.
Actividade 5.1.3: Formación interna.
70.000,00 €: (2016: 30.000,00 €; 2017: 40.000 €)