Proxectos

Cooperación Galega: o mundo que queremos 2020-2021

Este convenio ten por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e as organizacións non gobernamentais Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación ONGD Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e Asemblea de Cooperación Pola Paz para a execución do proxecto “Cooperación galega: o mundo que queremos 2020-2021”.

Este proxecto constitúese como a oitava edición dunha iniciativa que se caracteriza por formar parte do Plan Proxecta da Consellería de Educación da Xunta de Galicia de xeito colectivo e participado por distintas entidades con experiencia no eido da EDCG, tendo como novidade a de enfrontar o reto de levar a EDCG á contorna virtual.

A Cooperación Galega; o mundo que queremos é unha iniciativa dirixida a 500 alumnos e alumnas dos centros de secundaria xunto ao seu profesorado, seleccionados entre aqueles que soliciten a presente proposta no marco do programa Plan Proxecta. O obxectivo principal é de fomentar unha adolescencia galega consciente da interconexión entre realidades locais e dinámicas globais e apoio no exercicio da súa corresponsabilidade na construción da xustiza social. Deste xeito, cóntase co grupo de alumnado e profesorado para afondar nas desigualdade sociais existentes e as causas que as perpetúan con especial atención a realidade dos países empobrecidos nos que traballa a cooperación galega, sendo os ODS a temática condutora da proposta e a comunicación comunitaria a ferramenta metodolóxica e elemento vertebrador das accións que se desenvolven.

Ano: 
2020
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
ASOCIACION GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS (AGARESO)
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Fomento dunha adolescencia galega consciente da interconexión entre realidades locais e dinámicas globais e apoio no exercicio da súas corresponsabilidade na construción da xustiza social.

Obxectivo específico: Contribuír ao fomento dunha adolescencia galega consciente da interconexión entre realidades locais e dinámicas globais e apio no exercicio e apoio no exercicio da súa corresponsabilidade na construción da xustiza social.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Deseñado, xestionado e executado o plan de coordinación e comunicación entre as ONGD consorciadas, a Subdirección Xeral de Cooperación Exterior e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade do Plan Proxecta 2020-2021.

                A 1.1.1: Xestión e coordinación dos requirimentos da fase inicial e final (memorias) para a participación dentro do Plan Proxecta.

                A 1.1.2: Xestión e coordinación interna das ONGD e entidades participantes.

R 1.2. Desenvolvida unha aula virtual específica para a implementación do programa educativo.

                A 1.2.1: Creación da plataforma online OMQQ 2020-2021

                A 1.2.2: Adaptación de contidos e-learning de xeito colaborativo entre todas as organizacións do consorcio.

                A 1.2.3: Xestión e acompañamento técnico permanente.

                A 1.2.4: Formación ao equipo participante na ferramenta.

RE 1.3. Facilitados os coñecementos e as ferramentas precisas ao profesorado implicado de 6 centros educativos para a incorporación do discurso da EPD na súa aula ao longo do curso 2020-2021.

                A 1.3.1: Coordinación e acompañamento aos centros educativos.

                A 1.3.2: Encontro inicial do profesorado e organizacións.

                A 1.3.3: Elaboración de materiais e acompañamento ao profesorado.

RE 1.4. Facilitados discursos e ferramentas ao alumnado de 6 centros educativos participantes para favorecer vías de denuncia sobre as súas realidades.

                A 1.4.1: Obradoiro de introdución a conceptos clave: ODS, EDCG, cooperación internacional e ferramentas educativas.

                A 1.4.2: Obradoiro de radio presencial e en liña.

                A 1.4.3: Desenvolvemento dun itinerario virtual co alumnado participante a través do achegamento á realidades do Sur, baseado na participación e o activismo.

                A 1.4.4: Obradoiro de ciberactivismo para incidencia política.

                A 1.4.5: Campaña de incidencia nos centros educativos.

RE 1.5. Ampliada a capacidade de sensibilización do proxecto a través dunha estratexia de comunicación integral.

                A 1.5.1: Elaboración do plan de comunicación propio do proxecto.

                A 1.5.2: Campaña de difusión nos medios de comunicación tradicionais.

                A 1.5.3: Divulgación externa do proxecto como experiencia significativa.

                A 1.5.4: Campaña de promoción para dar a coñecer o proxecto nos centros educativos.

RE 1.6: Xestionados os coñecementos sobre a experiencia da intervención de cara á aprendizaxe colectiva.

                A 1.6.1: Avaliación continua e comparativa de todo o proceso de execución do proxecto.

Poboación beneficiaria: 

Directa: A poboación beneficiaria directa é un total de 512 persoas, as cales se dividen nos grupos de alumnado e profesorado. O total de alumnado será 500 menores por centro (200 rapaces e 300 rapazas), mentres que o total do profesorado serán 12 persoas (7 mulleres e 5 homes).

Indirecta: A poboación beneficiaria indirecta é un total de 2.260 persoas (1.256 mulleres e 1.004 homes), configuradas entre as familias do alumnado, profesorado implicado no proxecto e o resto de alumnado e profesorado do centro non vinculado.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 70.000,06 € (2020: 24.463,06 €; 2021: 45.537,00 €)