Cooperación Galega: O mundo que queremos (VI edición)
O presente proxecto constitúese como a VI edición dunha iniciativa que conta con dúas características diferenciais que condicionan cada unha das fases e elementos que o compoñen; dunha banda, o feito de formar parte do Plan Proxecta da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e doutra, o feito de aspirar a ser un proxecto colectivo e participado polo maior número posible de entidades e colectivos galegos con experiencia no eido da EpD das que, no momento da presente formulación xa forman parte 6 entidades. Ambos feitos inciden directamente no obxecto, contidos e metodoloxía do mesmo.
Así pois, Cooperación Galega: o mundo que queremos é unha iniciativa dirixida a 500 alumnas e alumnos dos centros de ensino galegos xunto ao seu profesorado, seleccionados entre aqueles que soliciten a presente proposta no marco do Plan Proxecta. Co profesorado e alumnado destinatario, afondarase nas desigualdade sociais existentes e as causas que as perpetúan con especial atención a realidade dos países empobrecidos nos que traballa a cooperación galega. Os ODS serán a temática condutora da proposta e a comunicación comunitaria a ferramenta metodolóxica e elemento vertebrador das accións a desenvolver.
Obxectivo xeral: Fomento dunha adolescencia galega consciente da interconexión entre realidades locais e dinámicas globais e apoio no exercicio da súa corresponsabilidade na construción da xustiza social.
Obxectivo específico: Contribuír ao fomento dunha adolescencia galega consciente da interconexión entre realidades locais e dinámicas globais e apoio no exercicio da súa corresponsabilidade na construción da xustiza social.
Resultado 1: Deseñado, xestionado e executado o plan de coordinación e comunicación entre as ONGD consorciadas, a Subdirección Xeral de Cooperación Exterior e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do Plan Proxecta 2018- 2019.
Actividade 1.1: Xestión e coordinación dos requirimentos da fase inicial e final (memorias) para a participación dentro do Plan Proxecta.
Actividade 1.2: Xestión e coordinación interna das ONGD e entidades participantes.
Resultado 2: Facilitados os coñecementos e as ferramentas precisas ao profesorado implicado para a incorporación do discurso da EPD na súa aula ao longo do curso 2018-2019.
Actividade 2.1: Coordinación e acompañamento aos centros educativos.
Actividade 2.2: Encontro inicial profesorado e organizacións.
Actividade 2.3: Elaboración de materiais de acompañamento ao profesorado.
Resultado 3: Facilitados discursos e ferramentas ao alumnado participante para favorecer vías de denuncia sobre as súas realidades.
Actividade 3.1: Obradoiro de introdución a conceptos clave: ODS, cooperación internacional e comunicación comunitaria.
Actividade 3.2: Obradoiros de radio e creación audiovisual.
Actividade 3.3: Teatro- foro sobre xénero e migracións.
Actividade 3.4: Encontro con colectivos do Sur.
Resultado 4: Ampliada a capacidade de sensibilización do proxecto a través dunha estratexia de comunicación integral.
Actividade 4.1: Elaboración plan de comunicación propia para o proxecto
Actividade 4.2: Aumento da participación nas redes sociais propias da franxa de idade do noso alumnado
Actividade 4.3: Campaña de difusión nos medios de comunicación tradicionais
Actividade 4.4: Realización dun acto de incidencia en cada unha das vilas dos centros educativos participantes no proxecto.
Actividade 4.5: Divulgación externa do proxecto como experiencia educativa significativa.
Actividade 4.6: Campaña de promoción para dar a coñecer o proxecto nos centros educativos
Resultado 5: Xestionados os coñecementos sobre a experiencia da intervención de cara á aprendizaxe colectiva
Actividade 5.1: Avaliación continua e comparativa de todo o proceso de execución do proxecto o mundo que queremos no curso 2018- 2019.
Actividade 5.2: Formación interna.
500 alumnos galegos (200 rapaces e 300 rapazas) e 14 docentes (6 mulleres e 8 homes) duns 7 centros
Axuda Xunta de Galicia: 70.000,00 € (2018: 30.000,00 €; 2019: 40.000 €)