Cooperación local no mundo global
O proxecto “Cooperación local no mundo global”, a realizar ao longo do 2019, xorde da experiencia acumulada do Fondo Galego nos seus 22 anos de vida, así como das demandas e vontades das administracións locais socias do Fondo Galego. O vínculo e o encontro con Portugal e con países da lusofonía, supón unha novidade a destacar do proxecto que se considera de máximo interese para o municipalismo galego.
O proxecto, que ten como obxectivo específico promover a implicación dos Concellos e Deputacións galegas no cumprimento dos ODS e a cooperación ao desenvolvemento, fundaméntase nestas dúas dimensións:
- Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: proponse nesta ocasión unha actividade máis práctica que permita aos concellos resolver todas aquelas cuestións operativas que lles dificulta poñer en marcha liñas concretas de acción en torno aos ODS, como os intercambios con municipios portugueses. Estes teñen percorrido na implementación dos ODS nos seus territorios, o que permitirá achegarnos a cuestións concretas da xestións e exemplos concretos que facilmente se poden extrapolar á realidade galega.
- Cooperación ao desenvolvemento: para promover unha maior implicación e responsabilidade dos concellos e deputacións galegas na área de cooperación ao desenvolvemento e difusión dos ODS, propóñense actividades que permitan escoitar os principais desafíos e logros acadados polo municipalismo nos países de lingua oficial portuguesa, ser impulsoras dunha rede constituída por municipios de países lusófonos xunto con Galicia e establecer vínculos máis estreitos ao nivel local.
Obxectivo xeral: Fortalecidas, con sinerxía e coordinación, as políticas públicas municipais de cooperación ao desenvolvemento e a consecución dos ODS.
Obxectivo específico: Promovida a implicación dos Concellos e Deputacións galegas no cumprimento dos ODS e a cooperación ao desenvolvemento.
RE 1.1 Incrementada a implantación das administracións locais galegas no cumprimento dos ODS a nivel local.
A 1.1.1 Intercambios con municipios portugueses sobre a implementación e localización dos ODS.
RE 1.2 Fomentadas as relacións de solidariedade entre o municipalismo galego e o municipalismo dos países empobrecidos de lingua oficial portuguesa.
A 1.2.1 Foro da cooperación municipalista da lusofonía.
A 1.2.2 Vacacións con traballo.
RE 1.3 Incrementado o coñecemento da sociedade civil en torno aos ODS a través de actividades culturais promovidas polas administracións locais.
A 1.3.1 Actuacións de Batuko Tabanka.
A 1.3.2 Contacontos coa compañía a Tropa de Trapo.
A 1.3.3 Representacións teatrais sobre as fronteiras e as persoas refuxiadas.
Directa: A poboación beneficiaria directa está formada por un total de 3.013 persoas, pertencentes a entidades locais socias do Fondo Galego, administracións locais galegas, entidades do sistema galego de cooperación, representantes políticos e técnicos da Rede Municipalista Solidaria do Fondo Galego e da Coordinadora Galega de ONGD, das entidades locais de países de lingua oficial portuguesa e de entidades so Sur.
Indirecta: A poboación beneficiaria indirecta estímase que serán unhas 646 persoas.
Axuda Xunta de Galicia: 60.000 € (2019)