Proxectos

Cooperación para o Desenvolvemento Litoral Sostible (Cátedra UNESCO)

O Grupo de Investigación en Cooperación para o Desenvolvemento Sostible do Litoral que se aspira a constituír a través desta convocatoria, está formado por profesores e profesoras de diferentes ámbitos de coñecemento baixo o denominador común dos estudos ambientais, económicos e xurídicos relacionados co desenvolvemento territorial. Agrega investigadores que desenvolven a súa actividade en planificación territorial, ecoloxía urbana e do territorio, economía aplicada ós servizos ecosistémicos, riscos ambientais e dereito administrativo no campo do urbanismo e medio ambiente, nas universidade de Vigo (campus de Vigo e Ourense) e Santiago de Compostela, e en centros de ensino secundario.

A actividade do Grupo de Investigación enmárcase principalmente no obxectivo 11 dos ODS: Cidades e Comunidades Sostibles. En particular, na meta 11.3, “De aquí a 2030, aumentar la urbanización inclusiva y sostenible y la capacidad para la planificación y la gestión participativas, integradas y sostenibles de los asentamientos humanos en todos los países”.

O presente proxecto preséntase ao abeiro da Cátedra UNESCO en desenvolvemento litoral sostible da Universidade de Vigo, cuxo principal obxectivo é a unión de intereses investigadores, docentes, económicos e sociais no espazo litoral e marítimo, para a consecución dun desenvolvemento litoral sostible, e que garante a valorización do patrimonio natural e cultural, en concorrencia coas prioridades e obxectivos da UNESCO.

Os países obxectivo do grupo serán, no corto prazo, aqueles pertencentes á rexión de África Subsahariana e incluídos na lista de países obxectivo da Cooperación Galega: Cabo Verde, Guinea Bissau e Mozambique.

Ano: 
2019
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria de investigación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
UNIVERSIDADE DE VIGO
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Unir os intereses de investigadores, docentes, económicos e sociais no espazo litoral e marítimo, para a consecución dun desenvolvemento litoral sostible, e que garante a valorización do patrimonio natural e cultural, en concorrencia coas prioridades e obxectivos da UNESCO.

Obxectivo específico: Desenvolver instrumentos para a planificación territorial utilizables en países en vías de desenvolvemento, analizando os servizos ecosistémicos e os potenciais riscos ambientais, co fin de desenvolver normativas aplicables nos distintos países.

Resultados e actividades: 

A.1. Preparación dun traballo de revisión sobre a situación dos países obxectivo da cooperación galega na rexión de África Subsahariana.

A.2. Elaboración dun TFM sobre algunha das liñas de traballo do grupo.

A.3. Desenvolvemento do proxecto que se solicita nesta convocatoria, no caso de ser financiado.

A 3.1. Toma de datos e diagnose inicial.

A 3.2. Identificación de usos e coberturas.

A 3.3  Identificación de servizos ecosistémicos e riscos ambientais.

A 4.4. Construción de mapas de coberturas, usos do solo e servizos ecosistémicos.

A 5.5. Adaptación e aplicación dos indicadores de sustentabilidade territorial.

A 5.6. Xeración de mapas de estado e identificación de impactos negativos.

A 5.7. Análise e proposta de modificación da normativa existente.

A.4 Identificación de fontes de financiamento para a implementación dos traballos desenvolvidos no grupo nos países obxectivo do mesmo.

A.5 Identificación de grupos de investigación en sustentabilidade territorial nas universidades portuguesas e establecer alianzas de investigación con eles.

A.6 Elaboración dun mapa de investigadores e investigadoras en sustentabilidade territorial nos países obxectivo.

A.7 Proxección da investigación do grupo e difusión dos resultados obtidos cara ao exterior.

A.8.Elaboración e mantemento dunha páxina web.

Poboación beneficiaria: 

Directa: A poboación beneficiaria directa sería o grupo de persoas investigadoras do proxecto, configurado por un total de 9 persoas (2 mulleres e 7 homes).

Indirecta: A poboación beneficiarias indirecta será a poboación das rexións de rexión de África Subsahariana, Cabo Verde, Guinea Bissau e Mozambique.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 25.000 € (2019: 12.500 € ;  2020: 12.500 €)