COOPERHEMOS: PROMOCIÓN DA COMUNIDADE HEMOFÍLICA DE PERÚ
O proxecto centrarase no fortalecemento da sede central da Asociación Peruana de Hemofilia (situada en Lima) e a consolidación das filiais que están distribuídas polo país (Chiclayo, Arequipa e Piura).
De modo concreto tense como obxectivo incrementar a eficiencia na xestión organizativa da asociación, para ampliar o impacto nos seus programas de traballo. Así, o fortalecemento realizarase en dúas liñas de acción:
• Ampliación do censo da comunidade hemofílica do Perú, facilitando os medios para unha elaboración eficaz e competente deste: equipo estable de elaboración do censo e promoción da difusión de información acerca da hemofilia entre a poboación peruana (campañas e creación de páxina web).
• Capacitación aos técnicos da sede central e das filiais en temas específicos
En canto ao fortalecemento da atención aos pacientes e os seus familiares, desenvolveranse cursos de formación en atención e coidado ao enfermo de hemofilia, impartidos por dous técnicos especialistas en hemofilia, un fisioterapeuta e unha psicóloga.
Preténdese mellorar as oportunidades sociosanitarias mediante a participación do colectivo de pacientes nos procesos de decisión respecto da hemofilia.
Período de execución: xuño- decembro 2010
Asociación Peruana de Hemofilia
Mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por coagulopatías en Perú a través da formación da directiva das asociacións, afectados e familiares
Formulación do plan operativo.
Formulación dun proxecto para ser presentado ao Goberno peruano, gobernos locais e ás institucións públicas e/ou privadas da área de saúde.
Organización de tres xornadas intensivas da formación ás cales acudirán tamén os representantes das filiais do norte (Chiclayo) e sur (Arequipa) e Piura
Xestión da cesión por parte das autoridades locais dunha sede en cada rexión de intervención.
Realización de distintas capacitacións en áreas de "mellora das organizacións; bases e condicións para o fortalecemento da xestión e o desenvolvemento", "mellora da planificación e xestión de recursos" e "novas tecnoloxías".
Realización de capacitacións para fortalecer os posibles encontros con representantes do ámbito público e privado co fin de buscar liñas de financiamento.
Creación de liñas de estratexia para analizar as opcións que poden existir para promover as relacións institucionais sostibles.
Realización dun acto público simbólico onde se realice a firma de convenios, ao que acudirán todos os actores relacionados.
Realización dunha revisión das bases de datos que ata agora se manexaban adaptando as variables ás necesidades actuais.
Desenvolvemento duns cursos de formación dirixidos aos afectados pola enfermidade así como aos seus familiares e coidadores
Contratación dunha empresa para o deseño e creación da páxina web e capacitación sobre o seu mantemento.
Deseño dunha campaña de sensibilización cuxa difusión se realizará mediante carteis e dípticos que se distribuirán por todas as rexións de Perú mediante as persoas que colaboran nas distintas localidades
Directa: Comunidade con hemofilia de Perú, con máis de 2000 persoas, só 590 diagnosticadas, especialmente do ámbito xeográfico de Lima, onde existe o maior censo do país, e con incidencia en Arequipa, Chiclayo e Piura.
24466