Creación do “Grupo interuniversitario de investigación en cooperación técnica para o desenvolvemento sustentable”
Este grupo, que está próximo ás ONGd mais relevantes de Galicia no eido de Enxeñería e da Arquitectura –Enxeñaría sen Fronteiras e Arquitectura sen Fronteiras- convenia con estas dúas organizacións para traballar en concorrencia na “Creación dun Grupo interuniversitario de investigación en cooperación técnica para o desenvolvemento sustentable”.
O traballo das persoas que o conforman adscríbese á área de coñecemento da enxeñería e da arquitectura, aínda que cada unha delas achegase a esta área de coñecemento dende dimensións parciais. Conséguese así ter unha ampla representación das disciplinas que conforman o Hábitat humano: tecnoloxía dos materiais, procesos construtivos, auga e saneamento, enerxía, sistemas e infraestruturas urbanas, financiamento, dereitos e xénero, habitabilidade básica, sustentabilidade, cartografía.
Este grupo de investigación –e a súa rede de persoas colaboradoras- xurde como consecuencia da actividade da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento, e da colaboración de PDI do eido técnico en actividades relacionadas coa cooperación e a axenda 2030, sexa como parte da acción investigadora propia, ou sexa como colaboración con ONGD ou outros axentes de cooperación.
O grupo está formado por persoas con traxectoria estable e consolidada, xa recoñecida e avaliada polas axencias destinadas a esta tarefa. O seu obxectivo colectivo común está vinculado á cooperación técnica ao desenvolvemento sustentable. Coa presentación ante a Cooperación Galega ao abeiro da convocatoria para a formulación de Grupos de Investigación mostran a súa vontade de traballar colectivamente en concorrencia na xeración de coñecemento técnico como instrumento da cooperación ao desenvolvemento sustentable e a promoción dos dereitos humanos. Mostran tamén a súa disposición a poñer ese coñecemento ao servizo dos restantes axentes da cooperación ao desenvolvemento de Galicia e do seu entorno.
Obxectivo xeral/ específico:
Os obxectivos dos proxectos xa realizados polas persoas do grupo enmárcanse no eido dos ámbitos estratéxicos do IV Plan Director da Cooperación Galega: a promoción do dereito ao hábitat, o acceso a auga e a un saneamento básico, a protección dos recursos hídricos, a promoción dunha soberanía alimentaria e unha agricultura en gandería sustentable, o empoderamento da muller nas comunidades rurais, a participación activa, etc..
O que o grupo aportará é, por una banda, fomentar liñas de investigación complementarias para que traballen en conxunto e incorporen progresivamente un enfoque multidisciplinar aos proxectos. De esta interacción espérase una mellora da calidade dos proxectos.
1) Accións previas á institucionalización do grupo:
a. Conversacións previas para analizar pertinencia da conformación do grupo e valorar as capacidades existentes para impulsalo.
b. Formulación do proxecto de Creación do “Grupo interuniversitario de investigación en cooperación técnica para o desenvolvemento sustentable”. Ao abeiro da convocatoria da Cooperación Galega (2019).
2) Accións a desenvolver na fase de institucionalización do grupo:
c. Conformación formal do grupo. Inicio do proceso de redacción dos documentos iniciais: carta de servizos, programación temporal e plano de control de calidade.
d. Inicio do proceso de diagnóstico do estado da arte entre os actores galegos de cooperación técnica ao desenvolvemento sustentable e definición de liñas de traballo consecuentes a el.
e. Contratación de persoal e acollida das persoas para a realización das actividades aglutinadoras do grupo.
f. Posta en marcha de oficina física e dos espazos virtuais do grupo.
g. Desenvolvemento do traballo de investigación do grupo:
g1. Identificación e implementación de proxectos de investigación técnica en desenvolvemento sustentable a desenvolver no Sistema Universitario Galego.
g2. Recoñecemento dos proxectos de investigación técnica en cooperación ao desenvolvemento sustentable en curso e implementación de estratexias de apoio.
g3. Proceso de seguimento e identificación de convocatorias de cooperación técnica ao desenvolvemento tanto de oportunidades de financiamento como de difusión de resultados e posta a disposición.
h. Presentación do grupo ARTIGO9TECH ante a comunidade académica, a Rede galega de Cooperación Universitaria ao desenvolvemento (RGCUD) e as Oficinas de Cooperación e Voluntariado das universidades e outros actores institucionais, as ONGD de Galicia produtoras de información e recursos en ámbitos concorrentes.
i. Realización do proceso de intercambio de información e recursos coas redes e grupos con intereses concorrentes.
j. Realización de reunións periódicas do grupo (polo menos unha delas con participación de investigadoras doutras universidades ou centros de investigación fora do Sistema Universitario Galego).
k. Realización dunha Xornada final aberta ao público con invitación expresa a outros axentes de cooperación para estudo da replicabilidade da experiencia e da súa institucionalización.
l. Rendición de contas e autoavaliación final.
Directa: O grupo de investigación está formado por 11 persoas –6 homes e 5 mulleres -que pertencen á plantilla das tres universidades públicas de Galicia, adscritas á área de coñecemento da enxeñería e da arquitectura, aínda que cada unha delas achegase a esta área de coñecemento dende dimensións parciais.
Indirecta: O grupo de investigación referido nuclea en torno seu a un grupo de persoas colaboradoras constituído por outras 26 persoas do ámbito académico das universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.
Axuda Xunta de Galicia: 35.000 € (2019:17.500 €; 2020:17.500 €)