Proxectos

CREACIÓN E POSTA EN FUNCIONAMENTO DO INSTITUTO PARA O DESENVOLVEMENTO E A INNOVACIÓN EDUCATIVA EN ARXENTINA

Reforzar o sistema educativo arxentino permitindo avanzar na mellora das súas capacidades de xestión e no reforzo do diálogo social en materia de educación social

Ano: 
2007
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
América do Sur
País: 
ARXENTINA
Zona de actuación: 
Bos Aires
Axentes: 
ORGANIZACIÓN DE ESTADOS IBEROAMERICANOS (OEI)
Código CRS: 
11110 - Política educativa e xestión administrativa
Obxectivos: 

Preténdese poñer en marcha un órgano consultivo e de xestión en materia de educación nas áreas de: alfabetizacón e educación básica da poboación adulta; educación en valores para a cidadanía, formación docente e apoio á educación infantil e aos dereitos da infancia cunha oferta de servizos pertinente e de impacto dirixido ao sector educativo arxentino

Resultados e actividades: 

- Establecer un equipo especializado do Instituto de Desenvolvemento e Innovación Educativa. O proxecto iníciase coa convocatoria pública para a selección e contratación dos catro especialistas do IDIE en Arxentina, equipo que se integra ao equipo actual que  en materia educativa posúe o OEI en Arxentina
- Crear un directorio de institucións e actores estratéxicos do sector educativo arxentino
- Definir a estrutura conceptual de iniciativas públicas e privadas do terceiro sector, en  materia de mellora da calidade educativa nas especialidades seleccionadas
- Deseñar e producir o boletín electrónico do IDIE arxentina
- Realizar unha diagnose participativa de necesidades de fortalecemento institucional nas entidades seleccionadas
- Desenvolver foros quincenais de intercambio de experiencias
- Deseñar un modelo de diagnose en cada especialidade
- Levar a cabo unha diagnose de oferta formativa para a mellora das competencias de xestión nas áreas de especialidade

Poboación beneficiaria: 

Equipos técnicos e directivos do Ministerio de Educación, Ciencia e Tecnoloxía de Arxentina e os gobernos provinciais e locais en materia educativa. Así como os membros do corpo docente. Outras institucións especializadas en educación que participen nas actividades deseñadas polo IDIE-OEI, persoal investigador, alumnado e sociedade en xeral

Axudas: 

200000