Cultura da sostibilidade e cooperación ao desenvolvemento: realidades e perspectivas educativas en Galicia e R. Dominicana.
A construción dunha cultura da sustentabilidade que avoga pola defensa do medioambiente, a limitación dos problemas ambientais e a asunción dun modelo de vida alternativo menos nocivo para a contorna, está ligada á sensibilidade, actitudes e formación ambiental do estudantado e profesorado nos centros educativos, cuxos axentes en Galicia e República Dominicana teñen escasa formación e conciencia do que supón o desenvolvemento dunha cultura cooperativa e da sustentabilidade. O que dificulta a integración da visión de sustentabilidade nos procesos de educación para o desenvolvemento, que coincide co descoñecemento das potencialidades da cooperación para o desenvolvemento creando sociedades máis equitativas e sustentables.
A importancia do exercicio da cidadanía global e a responsabilidade que implica xustifican a presente investigación que indaga nos coñecementos, prácticas, compromisos e expectativas do estudantado e do profesorado en Galicia e República Dominicana en relación ao proceso de construción dunha cultura da sustentabilidade e a cooperación.
Coñecer e analizar as claves de construción da cultura da sustentabilidade ambiental e a cooperación entre o estudiantado e o profesorado de Galicia e República Dominicana, para a promoción do diálogo intercultural, a sustentabilidade e a cidadanía global.
30.000€ (2014: 15.000 € ; 2015: 15.000 €)