Proxectos

Da información á actuación: itinerario para a mobilización cidadá

Coa presente proposta queremos contribuír á construción dunha cidadanía global, activa e comprometida para un mundo máis xusto. Para lograr este obxectivo cremos que é fundamental traballar
conxuntamente co resto de actores da sociedade civil organizada de Galicia e proporcionar ferramentas e espazos para a formación e autoformación de axentes multiplicadores. Pero tamén son fundamentais as accións de información e sensibilización destinadas á sociedade en xeral, como paso previo e
imprescindible dirixido á transformación social.

Nesta liña, o proxecto que presentamos expón estratexias que contribúan a sensibilizar e implicar a
diferentes actores e colectivos da sociedade galega en propostas de cambio a través da educación
informal, e baixo unha lóxica de proceso gradual de implicación, individual e colectiva.

En primeiro lugar plantemos unha serie de propostas dirixidas á sensibilización e mobilización social
dirixidas a sectores sociais amplos; mozos, público familiar, mulleres e compradores/as de Comercio
Xusto (CJ), a través de propostas adaptadas aos seus intereses. Acudimos a espazos de lecer xuvenil a
través dos Festivais de música, implicamos a familias na xornada solidaria “Un día para a esperanza” ou
facemos un chamado de atención á cidadanía a través das accións de rúa. Estas accións “masivas” que
chamamos de “entrada ou de primeiro nivel”, contribúen á sensibilización e permítennos chegar a
aquelas persoas que queiran implicarse a outro nivel máis profundo.

A estas persoas, que senten a necesidade de actuar de forma comprometida, ofrecémoslles unha serie
de “propostas de cambio ou de segundo nivel”, chamadas así no proxecto. Por unha banda,
proporcionamos unha serie de espazos e ferramentas dirixidas á formación ou autoformación de axentes multiplicadores (mozos implicados, voluntariado, outros axentes de cambio da sociedade civil galega, etc) con quen impulsar verdadeiros procesos de transformación social. A web dirixida a mozas “DVAM” é un espazo virtual de participación activa onde reflexionar e intercambiar opinións sobre temáticas concretas.

Accións como as visitas de testemuños do Sur e o “OUTVIVO” ou o encontro presencial “ENVIVO” dotan
ás persoas que participan de máis elementos e recursos para unha reflexión crítica da realidade,
contribuíndo ao coñecemento do contexto dos países en vía de desenvolvemento. Estas accións van
máis aló da mera sensibilización e están proporcionando a axentes multiplicadores recursos para a
transformación social. Para finalizar, e como elemento crave para xerar cambios reais, queremos
promover espazos de encontro e colaboración entre persoas que forman parte activa do tecido asociativo
galego, con quen establecer unha relación de colaboración para impulsar accións de sensibilización,
mobilización e transformación, asentando conxuntamente os alicerces dunha cidadanía global, activa e
comprometida.

Toda a proposta enmárcase na campaña internacional de Oxfam “Xustiza Alimentaria” que se centrará
nos dereitos de homes e mulleres sobre o manexo das súas terras, a auga e os recursos naturais para
que poidan cultivar e obter alimentos -primeiro ODM- agora e no futuro, de forma sostible e respectuosa
co medioambiente, afrontando o reto do cambio climático. É importante destacar, que no marco desta
campaña, tamén queda integrado todo o traballo que vimos impulsando desde fai uns anos en CX, como ferramenta de transformación social e erradicación da pobreza, e que queremos continuar desenvolvendo a través das nosas tendas de CX como espazos crave de difusión e sensibilización, e nos cales ábrese unha zona específica para a Mobilización.

Ano: 
2011
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
INTERMÓN OXFAM (FUNDACIÓN)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír á construción dunha cidadanía global, activa e comprometida, entre a sociedade galega, por un mundo máis xusto.

Obxectivo específico: Conséguese unha maior implicación coa acción solidaria por parte diferentes colectivos e actores da sociedade galega-mozos e mozas, actores sociais, voluntariado, entidades colaboradoras, colectivos de mulleres, compradores/as de CX a través de propostas e estratexias de participación e mobilización social adaptadas aos seus intereses, potencialidades e necesidades, no marco da campaña de “Xustiza Alimentaria”.

Resultados e actividades: 

Resultado 1
Fomentouse a participación e mobilización, ofrecendo información e propostas concretas de sensibilización dirixidas e adaptadas a diferentes colectivos cidadáns, especialmente novos e poboación en xeral, no marco da campaña “Xustiza Alimentaría

Actividades para Resultado 1
1.1. Propostas de sensibilización e mobilización social destinadas especialmente a mozas e mozos,
e público familiar

Resultado 2
Proporcionáronse espazos e ferramentas para a mobilización, formación e autoformación a mozas
e mozos, voluntariado e cidadáns/s activos de Galicia, para que actúen como axentes multiplicadores e difusores nas súas contornas máis próximas.

Actividades para Resultado 2
2.1. Proposta formativa dirixida ao voluntariado de IO: Encontro formativo ENVIVO
2.2. Proposta formativa a través das Visitas do Sur
2.3. Plataforma de participación e autoformación a través da web de DVAM dirixida a mozas e mozos
2.4. Foro “Outvivo

Resultado 3
Promovéronse e/ou fortalecido relacións con actores da sociedade civil organizada de Galicia, como os colectivos de mulleres rurais e outros, con quen exercer unha acción mobilizadora e unha cidadanía activa ao redor de cuestións que vinculan o local co global, o Norte e o Sur, e a xustiza alimentaria.

Actividades para Resultado 3
3.1 Mapeo de entidades relacionadas con quen traballar en rede
3.2. Plan de traballo e accións conxuntas con entidades galegas

Axudas: 

TOTAL 25.000,00 € (2011: 10.000,00 € - 2012: 15.000,00 €)