Proxectos

De Ítaca a Ávalon: Da igualdade na educación á coeducación para a transformación social e polo dereito a unha vida libre de violencias machistas. Fase I

O proxecto “De Ítaca a Ávalon: Da igualdade na educación á coeducación para a transformación social e polo dereito a unha vida libre de violencias machistas”, pertencente ao Plan Proxecta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, pretende abrir un novo proceso de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global pensado nun horizonte a tres anos, que fará especial incidencia en desenvolver a corrente da coeducación nos diferentes espazos educativos nos que se vai a traballar.

O obxectivo principal deste proxecto é promover unha cidadanía crítica, activa e responsable, comprometida coa promoción de sociedades libres de violencias machistas a través da coeducación para a transformación social acorde á Axenda 2030 e aos Obxectivos do Desenvolvemento Sostíbel (ODS).

Este proxecto circunscríbese principalmente aos territorios de Trazo, Arzúa e Lalín onde se vai desenvolver a intervención no ámbito escolar e, deste xeito, afianzar a dimensión comunitaria. Por outra banda, de cara a incidencia comunitaria, outro gran colectivo destinatario serán persoas próximas a InteRed, ben sexa voluntariado ou persoas que realizan formacións con InteRed e que aumenta a posibilidade de réplica das metodoloxías e lóxicas da intervención.

Ano: 
2019
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
INTERED GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Promover unha cidadanía galega crítica, responsable e comprometida coa erradicación das desigualdades sociais e especialmente coa promoción de sociedades libres de violencias machistas (ODS 4, 5), dende a coeducación.

Obxectivo específico: Impulsar procesos de coeducación en comunidades próximas aos contextos de intervención (especialmente en espazos do ámbito escolar e non escolar) con capacidade para reflexionar sobre as desigualdades sociais con enfoque de xénero.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Favorecida a sensibilización e incidencia comunitaria nos contextos próximos para a concienciación das desigualdades sociais.

A 1.1.1. : Avaliación inicial a través da realización dunha liña de base por parte dunha consultora externa e identificación de necesidades.

A 1.1.2.: Participación de persoas do Sur para achegar a realidade dos seus contextos co enfoque de cidadanía global, en espazos de intervención escolar e de incidencia.

A 1.1.3.: Actividades de sensibilización coa comunidade próxima aos centros escolares de intervención de cara a promover a concienciación dunha cidadanía crítica.

A 1.1.4.: Formación en metodoloxías innovadoras: coeducación emocional e socio-afectivas.

A 1.1.5.: Acción para a comunicación transformadora, que poña en valor as dúas figuras referentes nesta fase do proxecto.

A 1.1.6.: Accións de participación e mobilización en torno a perspectiva afectivo-emocional a través do lúdico.

A 1.1.7.: Revisión e tradución da proposta metodolóxica propia de InteRed “Jóvenes desmontando el patriarcado”

A 1.1.8.: Deseño de estratexias de seguimento e avaliación do proceso.

RE.1.2. Profesorado e persoal educador -como titulares de dereitos e responsabilidades- con capacidades fortalecidas para impulsar a coeducación na súa práctica educativa.

A 1.2.1.: Avaliación inicial e identificación de necesidades das equipas docentes e persoal educador.

A 1.2.2.: Acompañamento no proceso educativo do profesorado implicado en cada un dos centros escolares participantes na incorporación da perspectiva da coeducación rachando coas estruturas clásicas de aprendizaxe.

A 1.2.3.: Participación do profesorado implicado no encontro anual da Red Transforma no que se traballará coeducación e prevención das violencias machistas dende o intercambio de experiencias con organizacións sociais locais.

A 1.2.4.: Formación presencial para educadoras/es e voluntariado de programas e espazos de educación non escolar arredor da metodoloxía propia de InteRed “Jóvenes desmontando el patriarcado”.

A 1.2.5.: Deseño de estratexias de seguimento e avaliación – interna e externa- do proceso.

A 1.2.6.: Avaliar e xestionar memorias e comunicacións derivadas da participación do proxecto a través do Plan Proxecta.

RE.1.3. Mocidade de espazos escolares e non escolares – como titulares de dereitos – con coñecementos, habilidades e actitudes fortalecidas para actuar contra as desigualdades sociais con enfoque de xénero.

A 1.3.1.: Avaliación inicial e identificación das necesidades do alumando e grupos de mozos e mozas participantes.

A 1.3.2.: Sesións formativas co alumnado de tres centros escolares a través das metodoloxías de co-educación emocional e socio-afectivas.

A 1.3.3.: Sesións formativas con mozos e mozas non vinculadas a espazos escolares a través das metodoloxías de co-educación emocional e socio-afectivas.

A 1.3.4.: Accións de intercambio e comunicación entre mozos e mozas galegas con mozos e mozas doutros contextos, neste caso, Bolivia.

A 1.3.5.: Deseño dun sistema de seguimento e avaliación – interna e externa- dos procesos educativos a desenvolver no ámbito escolar e non escolar.

Poboación beneficiaria: 

Directa: A poboación beneficiaria directa suma un total de 338 persoas (237 mulleres e 106 homes), configuradas entre profesorado, persoal educador, alumnado, ANPAS/AFAS, Servizos Sociais e voluntariado.

Indirecta: A poboación indirecta suma un total de 2.201 persoas (1.242 mulleres e 959 homes), entre familias, persoas doutros tipos de servizos municipais, profesorado que forme parte do claustro docente, equipa de orientación e dirección e alumnado doutros centros escolares que non forme parte do proceso e os que logo recibirán as intervencións.

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 34.971,32 € (2019:13.988,53 €;  2020:20.982,79 €)