Proxectos

DEREITO AO DESENVOLVEMENTO HUMANO E DE POTENCIALIDADES DE NENAS, NENOS E ADOLESCENTES EN SITUACIÓN DE EXCLUSIÓN E RISCO, FILLAS E FILLOS DE NAIS OU PAIS PRIVADOS DA SÚA LIBERDADE

Desenvolver as potencialidades de  NNA en situación de exclusión, vulnerabilidade e risco, fillas e fillos de nais e pais privados da súa liberdade, a fin de consolidar un referente familiar de seguridade e confianza que contribúa no desenvolvemento das potencialidades da nenez e adolescencia

Ano: 
2007
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
América do Sur
País: 
ECUADOR
Zona de actuación: 
Cuenca (Cantón)
Azuay (provincia)
Axentes: 
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Contraparte: 

Fundación Somos Familia

Código CRS: 
11120 - Servizos e instalacións educativas e formación
Obxectivos: 

Coadxuvar nunha educación de calidade para  NNA, fillas e fillos de nais e pais privados da súa liberdade e/ou en proceso de liberdade,  en orde a potenciar o desenvolvemento das potencialidades dos  NNA e  a integración familiar

Resultados e actividades: 

Construción de aulas, dormitorios e equipamento na casa de Campo que se anexan á construción refaccionada existente coa finalidade de prestar un servizo socio educativo a NNA, fillas e fillos de nais ou pais privados de liberdade e outros.Programa socio educativo para NNA en campamento e minitalleres para o desenvolvemento das súas potencialidades coa orientación e apoio de Equipo Interdisciplinar e Equipo de Voluntariado.
Apoio e orientación en familia en orde a consolidar o desenvolvemento integral dos  NNA participantes en campamento e  minitalleres para contribuír na estabilidade  intra- inter familiar.
Acompañamento e apoio  psico-social individualizado e  grupal de nais e pais que están en proceso de  pre-liberdade ou liberdade controlada e na súa contorna familiar.

Poboación beneficiaria: 

40 nenas, nenos e adolescentes (menores de 15 anos), 30 adolescentes en minitalleres e xornadas de reforzo escolar.20 nais e pais (de  NNA en campamento e  minitalleres)20 nais e pais en programa Man a man Persoas privadas da súa liberdade que se verán incentivadas a participar en procesos de rehabilitación para a reinserción familiar e social (difícil de precisar número).Núcleos familiares dos  NNA e persoas adultas que son beneficiarias directas (poderase cuantificar a posteriori). Máis de 70 persoas na acción de voluntariado e colaboración así como as súas contornas familiares e sociais.

Axudas: 

121447