Desenvolvemento de capacidades para o fortalecemento das Competencias para Adolescentes en temas de Saúde Sexual Reprodutiva (SSR)
O proxecto pretende contribuír ó desenvolvemento do municipio de Ciudad Sandino a través da creación dunha estratexia de atención integral a adolescentes, que involucren a participación dos e das mesmas e dos diferentes actores locais presentes no Municipio, dende un enfoque de dereitos humanos, de xénero e xeracional para o fortalecemento de habilidades para a vida.
Centro de Estudios y Promoción Social (CEPS)
Obxectivo Xeral: Contribuír ao desenvolvemento do municipio de Ciudad Sandino mediante a creación dun espazo de servizos de saúde sexual reprodutiva que involucre a participación de adolescentes e actores locais dende un enfoque de dereitos humanos, de xénero e xeracional.
Obxectivo Específico 1: Reactivación dunha Rede de 40 adolescentes promotoras e promotores comunitarios de 12 a 18 anos do municipio de Ciudad Sandino, mediante o fortalecemento das súas capacidades e o proceso de competencia ante a vida.
Obxectivo Específico 2: Creación e aplicación do espazo para adolescentes do municipio de Ciudad Sandino como un centro de atención psico-social que promove servizos de calidade en Saúde Sexual Reprodutiva mediante o exercicio dos seus dereitos humanos.
Resultado.1.1 Activada unha rede de 40 adolescentes promotoras e promotores que realizan voluntariado comunitario, participan activamente na captación de adolescentes, desenvolven habilidades, adquiren e reforzan coñecementos dende un enfoque de xénero e xeracional no exercicio dos seus dereitos humanos, para a creación e fortalecemento de ambientes protectores.
Actividades
A.1.1.1 Identificación de 40 adolescentes homes e mulleres interesados e interesadas en reactivar as redes de promotores existentes e participar en procesos de voluntariado comunitario.
A.1.1.2 Visitas de captación a adolescentes que xa participaron nos diferentes procesos que impulsou o CEPS.
A.1.1.3 Reunións de planificación con promotores, promotoras.
A.1.1.4 Revisión, elaboración, edición e impresión de materiais formativos (Afiches, Rotafolio, Trípticos, Guías de promotoras/es, Guías de pares. Lotería de SSSR, Camiños da Saúde, Camiños da Vida, Ruleta da saúde, Dados e Delantal SSSR).
A.1.1.5 Obradoiros de capacitación a promotores e promotoras e sesión de convivencia.
Resultado.2.1 Creado e acondicionado o centro de atención para adolescentes e os seus pares do municipio de Ciudad Sandino nas instalacións do CEPS.
Actividades
A.2.1.1 Habilitación dun espazo de encontro de mozos/as nas instalacións do CEPS Ciudad Sandino.
A.2.1.2 Evento de inauguración do espazo de atención de calidade para adolescentes do municipio de Ciudad Sandino.
R.2.2 Equipo técnico capacitado para brindar atención integral con calidade e calidez aos e ás adolescentes que acudan ao espazo do Adolescente.
A.2.2.1 Deseño e preparación de módulos de capacitación dirixida ao equipo técnico facilitador do Proxecto.
A.2.2.2 Aplicación do proceso de capacitación en abordaxe de adolescentes dirixido ao equipo técnico facilitador do proxecto.
Resultado.2.3 Atención psicosocial a adolescentes e os seus pares, a través dun proceso de consellería e atención personalizada e a aplicación dun modelo ludo educativo.
Actividades
A.2.3.1 Realización de actividades grupales: Vídeo foro, actividades lúdicas e educativas, consellerías, aeróbicos, lectura, internet, elaboración e coidado do horto e viveiro.
A.2.3.2 Celebración de efemérides.
Resultado.2.4 Atención clínica para adolescentes e os seus pares cun abordaxe dirixido ao exercicio dos seus dereitos mediante a práctica do Autocoidado, hixiene persoal, cambios biolóxicos, plan de alimentación, prevención do embarazo e anticoncepción, prevención de violencia (sexual, de xénero e xeracional), atención de infeccións de transmisión sexual, prevención de VIH.
Actividades
A.2.4.1 Compra de material educativo para uso de atención clínica individual (maquetas de órganos reprodutores, etc).
A.2.4.2 Atención clínica individual a adolescentes e os seus pares.
Directa: A cobertura total do proxecto será de 440 adolescentes (220 mulleres e 220 homes) de maneira directa, sendo 40 os promotores, todos/as asistirán ao espazo do adolescente para participar nas actividades grupales de capacitación.
Indirecta: Se espera que os adolescentes beneficiarios directos podan incidir nos seus barrios a 2 adolescentes máis cada un, para alcanzar 880 adolescentes de forma indirecta.
59.959,40 € (2015)