Proxectos

Desenvolvemento de capacidades para a seguridade alimentaria de comunidades indíxenas do municipio de Nahualá (dep. de Sololá, Guatemala), con enfoque de xénero, sostibilidade agroecolóxica e gobernanza

O proxecto busca contribuír a mellorar a Seguridade Alimentaria e Nutricional (SAN) en 5 comunidades de Nahualá  (Depto. de Sololá), con enfoque de soberanía e igualdade de xénero. A intervención incide nos factores que limitan o exercicio do dereito á saúde, a alimentación, a participación e a autonomía das mulleres en comunidades de Nahualá, que posúen unha vulnerabilidade alimentaria moi alta. Fortalecendo as capacidades institucionais e comunitarias para executar un plan para a mellora da SAN, con carácter multisectorial que optimice recursos e aumente a efectividade, superando carencias do sistema institucional, do estado nutricional e de saúde de mulleres, nenas e nenos menores de 5 anos; e empoderando a grupos de mulleres, con iniciativas de economía solidaria ligadas á produción agropecuaria e a alimentación e a súa participación en espazos interinstitucionais de concertación.

Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Sololá (departamento)
Axentes: 
FARMACEUTICOS MUNDI
Contraparte: 

Asociación para la Promoción, Investigación y Educación en Salud para el Altiplano Occidental de Guatemala (PIES de Occidente)

Unión de Agricultores Minifundistas de Guatemala (UAM)

Obxectivos: 

Xeral: Garantir o exercicio do dereito á alimentación, a saúde e a participación promovendo a seguridade alimentaria e nutricional en Guatemala.

Específico: Contribuír á Seguridade Alimentaria e Nutricional (SAN) de 5 comunidades indíxenas do municipio de Nahualá (departamento de Sololá), desde un enfoque de soberanía e promovendo a igualdade de xénero.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Aumentar a dispoñibilidade de alimentos mediante o fortalecemento da produción familiar con enfoque de xénero, agroecolóxico e ambiental.

A.1.1.1 Conformación de grupos de mulleres produtoras participantes por comunidade e preparación de parcelas produtivas.

A.1.1.2 Formación teórico - práctica dirixida a produtoras como promotoras innovadoras para a produción agroecolóxica orientada á soberanía alimentaria.

A.1.1.3 Dotación de insumos agrícolas, acompañamento e asistencia técnica aos Grupos de produtoras sobre manexo sostible e ecolóxico da produción agropecuaria.

A.1.1.4 Aplicación de tecnoloxías apropiadas orientadas á produción de alimentos desde un enfoque agroecolóxico.

A.1.1.5 Aplicación de tecnoloxías apropiadas orientadas á produción de alimentos desde un enfoque agroecolóxico.

RE 1.2 Mellorar o estado nutricional e a saúde de mulleres embarazadas ou lactantes e nenas/os < de 5.

A.1.2.1 Dotación de insumos médicos para o reforzo do estado nutricional e o tratamento de enfermidades prevalecentes na infancia.

A.1.2.2 Intercambios de experiencias entre o persoal sanitario para a mellora da atención sanitaria con calidade e calidez, equidade de xénero e saúde ambiental.

A.1.2.3 Realización de xornadas comunitarias de saúde para mulleres embarazadas, en período de lactación, nenas e nenos menores de 5 anos, en coordinación con servizos institucionais de saúde.

RE 1.3 Promover cambios de CAP en SAN con metodoloxías baseadas en estratexias educacionais apropias.

A.1.3.1 Orientación sobre aproveitamento da produción de horto familiar, preparación de alimentos nutritivos e dereito á alimentación en condicións de equidade.

A.1.3.2 Talleres de capacitación non-mixtos en BBPP en saúde, nutrición e hixiene para o fogar con pertinencia cultural e de xénero, dirixidos a nais e pais de menores de 5 anos.

A.1.3.3 Promoción de BBPP de hixiene, saúde e nutrición en centros escolares e a comunidade educativa.

A.1.3.4 Desenvolvemento de Campaña de Comunicación e Promoción de Boas Prácticas (BBPP) en saúde, nutrición e hixiene con participación de actores comunitarios claves para o cambio social.

RE 1.4 Reforzar debilidades na gobernanza da SAN, liderada polas instancias territoriais da SESAN na zona.

A.1.4.1 Encontro dirixida a liderados comunitarios sobre a Política Pública de SAN con enfoque de equidade e incidencia política.

A.1.4.2 Espazos de concertación entre institucións públicas, sociedade civil e comunitarias sobre SAN.

A.1.4.3 Participación e incidencia en espazos municipais de coordinación interinstitucional sobre SAN.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 9.335 (3.045 homes; 3.530 mulleres; 1.280 nenos; 1.480 nenas)

Indirecta: 137.175 (46.923 homes; 49.752 mulleres; 19.700 nenos; 20.800 nenas)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

185.000 € (64.750 € en 2024 e 120.250 € en 2025)